Vía Ubergizmo nos enteramos de que a Nintendo Wii podería ter un teclado nun futuro.
Todos os posuidores desta consola poden navegar actualmente por internet grazas ao navegador que trae integrado, polo que un teclado sería un complemento ideal para unha navegación máis que cómoda no noso televisor.
Pese a todo, a Nintendo Wii non sería a primeira consola en ter un teclado, pois xa outros experimentos como a Sega Dreamcast tiveron a oportunidade de ter teclado pra navegar pola rede, ou mesmo a actual PlayStation 3 ten algúns teclados (como este sen fíos, de Logitech), mais sería un bo púlo pra, na miña opinión, unha fantástica consola.
Máis información: UberGizmo
2 Comentarios
manu
26 de April de 2007 ás 22:58
1isto… o meu irmán ten unha, xoga a través do meu router wifi con persoas de todo o mundo pero se quere navegar navegador integrado.. creo que non ten..
saudiños
Andrés Milleiro
27 de April de 2007 ás 0:11
2manu, existe o navegador Opera, que se pode descargar.
Tes máis info aquÃ:
http://www.vidaextra.com/2007/03/25-version-final-del-navegador-opera-para-wii
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario
Seccións
Arquivos
Autores
Ligazóns
Trebellos
Empresas galegas
Consolas
Últimos comentarios