Trebellos || Gadgets en galego

Nokia E51, conectividade na palma da man

Nokia E51A finesa Nokia ven de presentar hoxe o novo Nokia E51, que por tanto está destinado a esas persoas que precisan ler o correo electrónico e estar conectados alá onde queira que estean, como todos os da serie E de Nokia. Destaca por ter WiFi e HSDPA (o da WiFi xa está en case tódolos os da serie E, e é algo de agradecer), nun terminal a primeiras fino e estilizado, borrando ese estereotipo de que os terminais pra negocios e demais non son agradábeis á vista. No apartado de correo electrónico, tentando arrebatar algo de espazo ás Blackberry, Nokia ven de incluir unha pequena luz que se ilumina coa chegada de novos correos electrónicos. As diferenzas do novo E51 é o seu deseño, que é semellante ao do Nokia E65, pois emprega materiais como o acero inoxidábel, e incorpora un pad e teclas de acceso directo ao igual que o terminal dito, perdendo o joystick que existí­a no E50 e que cada vez usa menos Nokia. Destacar como caracterí­sticas, ademais das ditas, Bluetooth 2.0, porto miniUSB pra conectalo directamente ao ordenador, infravermellos, pantalla de 2″ con 240×320 pí­xels e 16 millóns de colores, memoria interna de 130Mb ampliábel mediante microSD, radio FM, cámara de 2 megapí­xeis con zoom dixital 4x e reproductor de audio e ví­deo. A autonomí­a da baterí­a é de 4,4 horas en conversa e 13 dí­as en espera. Pesa 100 gramos e sairá ao mercado a final de ano a 350 euros libre, un bo prezo, e en dúas cores, negro e marrón. Máis información: Nota de prensa de Nokia

Canon EOS Mark IIIDe vez en cando un atopa cousas polos blogues que o deixan abraiado, e este caso é un deles: cómo sacar unha foto cunha Canon EOS1 DS Mark III a distancia cunha Playstation Portable. Sí­, lí­chedes ben.

A Ds Mark III é unha cámara de fotos réflex, para profesionais, con 21 MPx, 45 puntos de enfoque…pero nelas destaca un sistema de control sen fí­os da cámara. Serve, entre outras cousas, pra enviar as fotos a calqueira parte do mundo dende a cámara, só tendo unha rede WiFi.

Pero, ademais, o módulo tamén permite controlar tódalas funcións da cámara de modo remoto dende calqueira dispositivo sen fí­os, ben sexa un portátil, ben unha PSP como neste caso, que resulta abraiante.

No blogue comentan que na mesma exposición, coa PSP se axustaban os parámetros e se tiraron varias fotos, pra logo subila a Flickr, sen tocar para a nada a cámara, todo dende a PSP. Como é de agardar, non podemos mover a cámara a distancia (polo dagora), mais é un exemplo ideal pra ter a cámara enfocada para capturar un intre que vai suceder e a distancia cun destes trebellos e cicais en mellor posición ir vendo o que sucede e poder manexar a cámara. Tremendo.

Máis información: Clipset

Creative ZEN, a polos iPod

Creative ZEN

Unha das pegas que lle poñen algúns usuarios ó iPod é que non é capaz de reproducir diferentes formatos de video. Para o ZEN, o novo reprodutor multimedia de Creative, isto non é un problema e mesmo pode ser unha das súas grandes virtudes. Na súa pantalla de TFT de 2,5 polgadas e resolución 320×240 pixeles podemos ver videos en formato DivX, XviD, WMV ou MPEG. Ademáis, serve como perfecto visualizador de fotografí­as, non só polo lector de tarxetas SD que integra, se non pola variedade de formatos que o trebello é capaz de ler: JPEG, PNG, GIF e BMP.

Ademáis de reproducir video e

fotografí­as, como non, tamén reproduce ficheiros de audio. Non poderí­a faltar a compatibilidade para arquivos MP3, WMA e WAV, pero ademáis tamén é capaz de reproducir arquivos de iTunes Plus (AAC sen DRM). Por se isto fose pouco, o ZEN tamén ten radio FM e un micrófono integrado.

Estará dispoñible en tres diferentes capacidades: 4GB, 8GB e 16GB.

Máis información: Creative

Casio Exilim EX-V8

Casio acaba de sacar un par de cámaras con unha cousa que promete asombrar: o modo Youtube. ¿Qué é concretamente? Pois o modo de captura de ví­deo é 640×480 co códec H.264 e ademáis prometen un acceso en dous pasos pra subir os ví­deos dende a tarxeta de memoria á web directamente. A EX-Z1080 ten 10 megapí­xeis, que é como a EX-Z1050 mais co códec H.264 e a funcionalidade de Youtube.A EX-V8 ten un zoom óptico de 7x con 8.1 megapí­xeis, e as posibilidades de ví­deo anteriormente ditas. As dúas cámaras saen este mes de Setembro por distintos prezos, a V8 por 330 dólares e a Z1080 por 280 dólares, un bo prezo realmente. Máis información: Casio Exilim EX-V8 Máis información: Casio Exilim EX-Z1080

Canon PowerShot G9

Canon PowerShot G9

Canon presentou tamén hoxe esta PowerShot, pensada pra os usuarios avanzados pero que non queren transportar unha cámara grande e poder levala así­ a tódolos lados. Porén, esta sucesora da PowerShot G7 inclué unha das funcionalidades máis demandadas, que é a presenza do modo de captura RAW, un modo profesional que garda máis datos que o tradicional JPEG.

Ademais, ten sensor CMOS de 12 Megapí­xeis, zoom óptico 6x con estabilizador, e o Procesador Digic II que traen tamén os anteriores modelos comentados,

as novas profesionais EOS-1Ds Mark III e EOS 40D. Ademais, soporta entre outras as tarxetas SDHC.

Sairá en Outubro ao mercado a partir de 499 dólares.

Máis información: Canon

i-Station Traveller, altofalantes pra o iPhone

i-Station Traveller

Logic3 ven de presentar os altofalantes i-Station Traveller, que son os primeiros altofalantes deseñados especí­ficamente pra o iPhone, por se algún lector ou lectora de Trebellos ten un xa.

Neste i-Station Traveller o iPhone se pode colocar en posición horizontal, porén podemos ver ví­deos na pantalla escoitándoos polos altofalantes. A potencia total é de 4 Watts producida por altofalantes de neodimio de 32mm.

O iPhone, como dicí­amos, pódese pór tanto en horizontal como en vertical, ademais de poder escoitar a través deles outros reproductores, pois ten unha entrada de cable jack de 3.5mm pra outros reproductores.

O i-Station Traveller inclúe unha funda, un adaptador de corrente e catro pilas AAA coas que se pode alimentar. Sairá en breve á venda por 60 dólares.

Sitio oficial: Logic3

rodaOs avogados da empresa da mazá ordenaron a retirada dun ví­deo aparecido na páxina MacRumors, no cal se presentaba a que supostamente será a nova interface do iPod. As dúbidas sobre o futuro do trebello máis exitoso da última década trala aparición do iPhone -ese parente incómodo ó que todos esperaban e que se leva todas a atencións- diminúen segundo se achega o lanzamento do novo iPod. Nin haberá fagocitación do iPod polo iPhone nin se converterá nun iPhone sen teléfono. O iPod manterá a súa esencia, aí­nda que a súa interface se iPhonizará un chisco, no tocante ó seu deseño e estilo dos menús. Continúa lendo »

Intel Extreme, novos procesadores pra os portátis

Intel Core 2 ExtremeIntel ven de presentar un procesador móbil con doble núcleo Intel Core 2 Extreme pra os equipos máis potentes, especialmente pra aqueles indicados pra xogar.

O procesador Intel Core 2 Extreme X7800 ten núcleos que funcionan a unha velocidade de 2,6 GHz.

Conta ademais coas tecnoloxí­as Enhaced Deep Sleep, que conserva mellor a enerxí­a cando non está funcionando; Advanced Media Boost, que permite optimizar ao máximo a edición de ví­deo, fotografí­as e música, así­ como que agora a velocidade de reloxo pode ser acelerada polos fabricantes, algo que antes estaba desactivado en hardware nesta clase de procesadores.

Máis información: Web oficial de Intel Extreme

ChumbyChumby é un trebello que sirve para o que ti queiras. í‰ altamente programable polo que podes descargar, ou incluso facer ti, un widget que faga calquera cousa. Así­ podes usar o teu Chumby como espertador, para ler as noticias, para ver os últimos videos de youtube, para ler os teus RSS, para xogar… todo isto grazas a que esta basado nunha distribución GNU/Linux e os seus deseñadores pensaron en Chumby como ese trebello diferente que sirve para o que ti queiras.

Ten conexión wi-fi, procesador ARM a 350 MHz, 32 MB de SDRAM, 64 MB de ROM e unha pantalla de 3’5 polgadas (a 320×240 pí­xeles), cun tamaño similar ao dunha taza.

Este gran trebello estará dispoñible por 180 dólares.

Visto en Xataka.
Máis información: Chumby.

Xa vai quedando menos pra o iPhone

iPhoneFai un tempo aquí­ en Trebellos falamos do iPhone, o primeiro móbil de Apple, que sairá ao mercado en Estados Unidos nunha semana.

Porén, a medida

que vai chegando a data de saí­da, na web oficial do iPhone a marca norteamericana vai sacando máis videos, máis datos e máis novidades sobre o que na miña opinión pode ser o trebello do ano.

Ademais dos anuncios do iPhone na TV americana podemos ver unha galerí­a de imaxes ou unha vista rápida sobre tódalas funcións que ten, destacando a de teléfono , a de iPod ou a de trebello pra acceder a internet.

Máis información: Web oficial do iPhone

« Previous Page« Anteriores entradas  Vindeiras entradas »Next Page »
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios