15 Sep
Escrito por Juan Milleiro na categoría Fotografía, Sen fíos
De vez en cando un atopa cousas polos blogues que o deixan abraiado, e este caso é un deles: cómo sacar unha foto cunha Canon EOS1 DS Mark III a distancia cunha Playstation Portable. Sí, líchedes ben.
A Ds Mark III é unha cámara de fotos réflex, para profesionais, con 21 MPx, 45 puntos de enfoque…pero nelas destaca un sistema de control sen fíos da cámara. Serve, entre outras cousas, pra enviar as fotos a calqueira parte do mundo dende a cámara, só tendo unha rede WiFi.
Pero, ademais, o módulo tamén permite controlar tódalas funcións da cámara de modo remoto dende calqueira dispositivo sen fíos, ben sexa un portátil, ben unha PSP como neste caso, que resulta abraiante.
No blogue comentan que na mesma exposición, coa PSP se axustaban os parámetros e se tiraron varias fotos, pra logo subila a Flickr, sen tocar para a nada a cámara, todo dende a PSP. Como é de agardar, non podemos mover a cámara a distancia (polo dagora), mais é un exemplo ideal pra ter a cámara enfocada para capturar un intre que vai suceder e a distancia cun destes trebellos e cicais en mellor posición ir vendo o que sucede e poder manexar a cámara. Tremendo.
Máis información: Clipset
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario