21 Jul
Escrito por Juan Milleiro na categoría Novas
Intel ven de presentar un procesador móbil con doble núcleo Intel Core 2 Extreme pra os equipos máis potentes, especialmente pra aqueles indicados pra xogar.
O procesador Intel Core 2 Extreme X7800 ten núcleos que funcionan a unha velocidade de 2,6 GHz.
Conta ademais coas tecnoloxías Enhaced Deep Sleep, que conserva mellor a enerxía cando non está funcionando; Advanced Media Boost, que permite optimizar ao máximo a edición de vídeo, fotografías e música, así como que agora a velocidade de reloxo pode ser acelerada polos fabricantes, algo que antes estaba desactivado en hardware nesta clase de procesadores.
Máis información: Web oficial de Intel Extreme
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario