
Canon presentou tamén hoxe esta PowerShot, pensada pra os usuarios avanzados pero que non queren transportar unha cámara grande e poder levala así a tódolos lados. Porén, esta sucesora da PowerShot G7 inclué unha das funcionalidades máis demandadas, que é a presenza do modo de captura RAW, un modo profesional que garda máis datos que o tradicional JPEG.
Ademais, ten sensor CMOS de 12 Megapíxeis, zoom óptico 6x con estabilizador, e o Procesador Digic II que traen tamén os anteriores modelos comentados,
as novas profesionais EOS-1Ds Mark III e EOS 40D. Ademais, soporta entre outras as tarxetas SDHC.
Sairá en Outubro ao mercado a partir de 499 dólares.
Máis información: Canon
Unha boa cámara “compacta”… pero por ese prezo.. case compensa mellor mercar unha semi-profesional, non?
Iago, hai xente que prefire levar un trebello máis pequeno riba ou de viaxe…se como semi-profesional te refires a unha tipo Nikon D40 lembra que non podes levar só ó corpo, e que xa o corpo ocupa bastante; eiquà tes unha solución cómoda, de moi boa calidade (zoom de 6x, aÃnda que normal, está ben, pode sacar fotos en RAW e ten un bo procesador) e nun pequeno espazo.