Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

NoPoPo, as pilas ecolóxicas

NoPoPoA empresa xaponesa Aqua Power System Japan ven de lanzar ao mercado unhas pilas ecolóxicas, de feito o nome das pilas é NoPoPo que ven a ser No Pollution Power, é dicir, Enerxía Sen Contaminación.

Pero… como funcionan estas pilas? Son pilas recargables que se recagan con líquidos. Sí, con calquera tipo de líquidos… auga, cervexa, café, coca-cola, licor café, augardente ou mesmo mexo.

De momento estas pilas só se venden en xapón e están nos formatos AA e AAA. As pilas traen unha pipeta especial por onde debemos meter o líquido unha vez a pila estea esgotada.

No interior das pilas hai unha mistura de carbón e magensio que reacciona ante calquera líquido que lle botes xerando enerxía electrica. O bo que teñen é que non teñen ningún compoñente contaminante coma o mercurio, chumbo ou cadmio polo que non contaminan en absoluto. Ademáis estas pilas aguantan 10 anos recargándose xa que non se deterioran tanto como as normais, pero o malo é que teñen un número finito de veces que se poden recargar polo que os 10 anos poden baixar.

Ademáis de ser ecolóxicas, o bo que teñen é que prácticamente se poden recargar en calquera lugar. Cando imos de viaxe non sempre temos enchufes para cargar os nosos trebellos ou as pilas recargables pero con estas pilas si que poderemos recargalas xa que líquidos podemos atopar en (case) calquera lugar.

As pilas NoPoPo foron presentadas este ano na IFA de Berlín onde algúns poideron probalas e comprobar que de verdade funcionan. Só se venden en Xapón a un prezo de 5 euros (780 iens) pero agardase que chegen a occidente no 2008.

Visto en Westopia.
Máis información: Aqua Power System Japan (en xaponés).


Altofalantes de carton Muji, ecolóxicos portátiles e sinxelos

mujiNa tenda online do Museo de arte moderno de New York, o MOMA poderemos adquirir uns curiosos altofalantes de carton deseñados por Muji. Muji e unha marca xaponesa (o nome significa literalmente “sen marca”) que leva 20 anos innovando e creando trebellos baixo as premisas de “menos e mais” e do respeto ó medioo ambiente. Así, os produtos desta firma con tendas en Barcelona son de materiais “pouco” contaminantes coma papel ou metacrilato e as súas envolturas tamén.

Neste caso, os altofalantes de cartón poden ser pregados para facilitalo seu transporte ainda que xa son pequenos de por si cuns 8 cm no seu lado maior. Os seus materiais pouco agresivos co medio, é a súa comodidade fan deles unha escolla moi práctica. De seguro non han dar un son dunha calidade espectacular, pero han nos sacar de un apuro por uns 42 € na tenda do MOMA ou por uns 20 ₤ nas tendas Muji.


Mais información
: Páxina do produto : Tenda MOMA : Páxina Muji


Zonbu, outro ordenador verde

zonbuDespois do HP RP5700, o proximo setembro sairá ó mercado o primeiro “ordenador ecolóxico ” da marca Zombu. O trebello ven listo pra usar co sistema operativo Gentoo Linux preinstalado e unhas características modestas pero suficientes: procesador intel compatible de 1,2 GHz (un VIA??) 512 MB de RAM e disco duro de 4 GB baseado en flash con ethernet incorporada e 6 portos USB para conectarlle os teus periféricos e todo nun tamaño moi reducido.

O sistema operativo está baseado en Gentoo e trae de serie aplicacions ofimáticas, xogos e utilidades para internet e redes de tal forma que ven preparado para enchufar e listo (ó mais puro estilo mac).

Os seus creadores afirman que Zonbu consume unha decima parte do que consumen outros ordenadores de sobremesa. Unha boa alternativa para quen non necesite mais potencia, a un custo realmente tentador : 249$.

Visto en
Greengadgets
Mais información : Páxina do produto


Orange Wind Generator, cargador eólico para mobiles

OWC
A compañía de telecomunicacións Orange xunto coa paxina Gotwind.org ven de probar un prototipo de cargador de telefonos mobiles que funciona con enerxía eólica. O trebello é capaz de cargar unha batería en apenas duas horas (sempre que sopre o vento, claro), e foi testado no festival de Glastonbury días atras. Con só 150 gramos de peso, é ideal pra levar de acampada ou á praia onde adoita soprar o vento pra movelo.

Visto en Digital Drops
Mais información : Orange Wind Generator


HP RP5700, un ordenador mais ecolóxico

hp rp5700Comenzan a aparecer no mercado dispositivos mais respetuosos co medio, coma o HP RP5700 un ordenador sobremesa que se declara 95% reciclable e cuns consumos enerxéticos un 80% mais baixos. Os sobremesas montan varios procesadores dende Intel Celeron ata Intel Core 2 Duo e ata 2 Gb de RAM con distintas configuracións de discos duros. E unha gama pensada para as oficinas, para as que anuncian un ciclo de vida de cinco anos.

O HP comenza en 800$ ata 1500$ e supón un comenzo na estandarización de normas medioambientais EPEAT do xigante informático HP.

Mais información | Nota de prensa de HP


Bolso Solar, recarga os teus gadgets

bolsolarA empresa xermana Solarc está desenvolvendo unha mochila con capacidade de aproveitala enerxia solar para carga-las nosas baterías. O bolso solar leva un módulo fotovoltaico que fai posible a recarga dun acumulador que alimentará as baterias dos nosos trebellos en caso de apuro. Ten unha potencia de 1 W e un voltaxe de saida de 5V (para USB) ou 6V (para mobiles).

E preguntome eu… se todas as fundas de portatiles tiveran un módulo solar coma este ¿canta enerxía se podería aforrar?.

Visto en Diario del viajero
Mais información : Solarc


Sony Spin N’Snap, dalle corda e dispara!

spinNsnapCo gallo do Dia Mundial do Medio Ambiente Sony ven de presentar un prototipo dunha camara dixital que funciona sen enerxía electrica. A Sony Spin N´Snap leva dous buracos cunha dobre función: recargar de enerxía e mais visor da camara.

Os dous buracos fan de punto de apoio para deslizar as pezas das que se compón a camara e recargala súa batería. E un concepto simple, coma un reloxio de corda, que parece que funciona neste prototipo de Sony. Non sabemos moito das especificacións técnicas deste prototipo pero estaría ben que se extendera este sistema de enerxía a outros trebellos.

Visto en Quesabesde


Wifi solar

Unha empresa chamada Meraki ven de presentar un repetidor wifi baseado na enerxia solar cun prezo sorprendente: 99 dolares. A idea do trebello e compartir accesos a internet de banda ancha nunha comunidade. Tendo un destes repetidores en cada extremo da conexion, podense facer ligazons de ata 25km (sempre que a orografia o permita).

O repetidor leva software que permite controlar os accesos, e establecer niveis de trafico disponible, asi como un avanzado sistema de control enerxetico que lle permite reducir o consumo en funcion das necesidades.

Tanto a caixa coma os demais elementos estan pensados para sobrevivir no exterior. Xa non temos excusa para estar na Rede, na aldea.

Mais informacion: Meraki


Mercado Libre?

olpcO trebello por excelencia para os nenos de moitos paises do Terceiro Mundo vai ser, se non pasa nada, o OLPC (”One Laptop Per Child”, “un portatil para cada cativo”). O proxecto xa pasou polas etapas de deseño, promoción e financiamento, e esta a piques de comezar a súa distribución. A mellor proba do éxito é que xa lle sairon competidores, coma o Classmate que hai ben pouco presentou Intel.

A “guerra de fondo” pódese seguir nos dous frentes posibles: o procesador e o sistema operativo. O OLPC leva AMD e GNU/Linux, e o Classmate Intel e Windows.

Os consumidores, polo común, somos os beneficiarios das loitas comerciais. Pero neste caso, sera posible que os nenos do mundo adiante queden sen trebello polos enfrontamentos nas “alturas”?

Máis información: Gizmodo.


Bicis eléctricas

bicicleta electricaEntre os moitos trebellos que acumulamos ao noso redor, é raro que pensemos nunha bicicleta coma un deles. Pero esta que vos amosamos hoxe ten ese componente gadget que nos fai botarlle máis que un ollo. E non só por tecnolóxica, senon por ser unha opción a considerar para os que vivimos en cidades pequenas, e quixeramos deixar de tirar do coche en busca de aparcamento.

Trátase dunha gama de bicicletas eléctricas que incluen unha bateria extraible que se pode cargar na casa, en calquera enchufe normal, polo que non teremos que achegar a bicicleta ata o lugar de recarga.

Entre os puntos máis favorables, unha autonomía de case 100Km, e unha gama de deseños para tódolos gustos. Pola parte do negativo, sen dúbida o prezo: o modelo máis económico situase por riba dos 1000 euros. Haberá que pensar no moito que imos aforrar en coche…

Máis información: Schwinn Bikes.


Posteriores entradas »