Entre os moitos trebellos que acumulamos ao noso redor, é raro que pensemos nunha bicicleta coma un deles. Pero esta que vos amosamos hoxe ten ese componente gadget que nos fai botarlle máis que un ollo. E non só por tecnolóxica, senon por ser unha opción a considerar para os que vivimos en cidades pequenas, e quixeramos deixar de tirar do coche en busca de aparcamento.
Trátase dunha gama de bicicletas eléctricas que incluen unha bateria extraible que se pode cargar na casa, en calquera enchufe normal, polo que non teremos que achegar a bicicleta ata o lugar de recarga.
Entre os puntos máis favorables, unha autonomía de case 100Km, e unha gama de deseños para tódolos gustos. Pola parte do negativo, sen dúbida o prezo: o modelo máis económico situase por riba dos 1000 euros. Haberá que pensar no moito que imos aforrar en coche…
Máis información: Schwinn Bikes.
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario