08 Jun
Escrito por Juan Milleiro na categoría Fotografía, Trebellos Verdes
Co gallo do Dia Mundial do Medio Ambiente Sony ven de presentar un prototipo dunha camara dixital que funciona sen enerxía electrica. A Sony Spin N´Snap leva dous buracos cunha dobre función: recargar de enerxía e mais visor da camara. Os dous buracos fan de punto de apoio para deslizar as pezas das que se compón a camara e recargala súa batería. E un concepto simple, coma un reloxio de corda, que parece que funciona neste prototipo de Sony. Non sabemos moito das especificacións técnicas deste prototipo pero estaría ben que se extendera este sistema de enerxía a outros trebellos. Visto en Quesabesde
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario