Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Zonbu, outro ordenador verde

zonbuDespois do HP RP5700, o proximo setembro sairá ó mercado o primeiro “ordenador ecolóxico ” da marca Zombu. O trebello ven listo pra usar co sistema operativo Gentoo Linux preinstalado e unhas caracterí­sticas modestas pero suficientes: procesador intel compatible de 1,2 GHz (un VIA??) 512 MB de RAM e disco duro de 4 GB baseado en flash con ethernet incorporada e 6 portos USB para conectarlle os teus periféricos e todo nun tamaño moi reducido.

O sistema operativo está baseado en Gentoo e trae de serie aplicacions ofimáticas, xogos e utilidades para internet e redes de tal forma que ven preparado para enchufar e listo (ó mais puro estilo mac).

Os seus creadores afirman que Zonbu consume unha decima parte do que consumen outros ordenadores de sobremesa. Unha boa alternativa para quen non necesite mais potencia, a un custo realmente tentador : 249$.

Visto en
Greengadgets
Mais información : Páxina do produto


  1. Iago o 4 de July de 2007

    O prezo é algo maior en realidade

    “Zonbu device is sold for $99 with a two-year service pre-payment at $12.95 per month. The service can be canceled at any time and customer will receive a prorated refund of the balance of the remaining subscription minus the prorated Zonbu device rebate. Zonbu device is sold for $249 without any commitment.”

  2. Seve o 4 de July de 2007

    Oops…Correxido.
    Ainda así segue a ser un prezo moi tentador.

  3. enxebree o 1 de August de 2007

    Tamen podedes optar por comprala versión orixinal do trebello, o eBox 3854, que en España vende Epatec como eTC 3854 a 254 euros.

    http://www.epatec.es

    Eso si, non ven co Gentoo Linux, ven preparado para funcionar coma un terminal lixeiro. Mais alguen mañoso e acostumado o GNU Linux podelle instalar o que lle pete.

    Saudos

  4. Savion o 6 de August de 2011

    I am feoervr indebted to you for this information.

Publicidade

Comentarios