Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Torradora con mensaxes personalizábeis

Torradora messenger

Definitivamente,as notas no frigorífico morreron. As notiñas 2.0 virán en torradas, ideal pra as parellas namoradas. Este trebello en cuestión funciona de tal xeito que ti escrebes unha mensaxe e a torradora o mostrará na torrada, queimando xusto o que ti poñas.

Polo dagora é un concepto de Sasha Steng, sorprendente cando menos, mais con posibilidades de triunfar no xénero friki.

Máis información: Sasha Steng
Vía: Engadget


Levi’s The Original, o primeiro da compañía

Levis Phone

Cada vez o negocio da telefonía móbil é máis grande e iso nótase en que cada vez hai máis marcas que entran nese ámbito, como Levis agora, que ven de presentar o seu primeiro teléfono, chamado The Original, o mesmo nome que a súa última colección.

O teléfono, cun deseño semellante aos Sony-Ericsson, conta con cámara de 2 MegaPíxeis, pantalla de 1.8 pulgadas, bluetooth, reproductor de MP3 e slot pra tarxetas de memoria microSD. Ademais, saiu ao mercado en versión pra home e muller: pra eles, cun acabado metálico en negro, marrón ou plateado e pra ela, cun pulido rematado en espello e plata.

Como era de agardar, un teléfono así, somentes pola marca, non vai ser barato; seu prezo ronda os 500 euros.

Máis información: Anuncio do terminal
Máis información: Sitio oficial


HP Blackbird 002, ordenador para xogos

HP Blackbird 002

Ademáis do evento Apple de onte, do que xa vos mantivemos informados en Trebellos, onte HP fixo unha presentación de novos produtos.

Da presentación, o que máis chamou a atención foi o novo ordenador HP Blackbird 002, destinado a fanáticos dos xogos. Destaca polo seu deseño, que ademáis de que incorpora un revolucionario sistema de refrixeración, non precisa de ferramentas para desmontalo ou para cambiarlle algúns dos seus compoñentes. Para alimentar perfectamente a tódolos compoñentes e periféricos, leva instalada unha potente fonte de alimentación.

Estará dispoñible en diferentes configuracións tanto de procesadores (AMD X2 Dual Core e Intel Core 2 Extreme ou Duo), como de memoria (dende 1Gb ata 8Gb) ou de tarxetas gráficas (NVidia GeForce ou ATI Radeon). Tamén se poderá escoller a capacidade do disco duro e outros parámetros como a tarxeta de son. O fabricante tamén anunciou que se lle poderá facer overclocking sen problemas.

O pc leva preinstalado Windows Vista e algunhas aplicacións como o Office, e o DVDPlay.

Dispoñible a partir do 15 de setembro.

Máis información: HP Blackbird


iPod Hi-Fi eliminado da tenda de Apple

ipod Hi-FiApple decidiu onte, sen anuncialo, deixar de fabricar seu sistema de altofalantes pra o iPod, o iPod Hi-Fi.

Pese a esta decisión, o iPod Hi-Fi era o cuarto sistema de altofalantes máis vendido pra o iPod., xunto a marcas como Logitech ou Bose.
Apple comezou a vender en Febreiro de 2006 ese sistema de altofalantes por 349 euros, tentando entrar no negocio dos altofalantes pra o iPod. Eu persoalmente penso que eran unha solución bastante grande, pois hai outros máis transportábeis e cunha calidade de son destacada.

Ao non dicir nada Apple ao respecto, en principio se fala de que se vai deixar de fabricar, mais cicais se esté facendo un novo que se adapte aos novos modelos…

Vía: AppleInsider


Resumo do presentado hoxe por Apple

Ben rapaces, en Trebellos pensamos que, unha vez remata a Keynote, é momento de facer balance do presentado hoxe, vexamos:

novos ipod

Presentación de iPod shuffle en máis cores. Non houbo máis capacidade nen baixada de prezos. Presentado tamén o novo iPod Shuffle (PRODUCT) RED de 1Gb por 79 dólares.

novos ipod

Novos iPod nano, confirmando os rumores dos que falamos en Trebellos días atrás. Ten Coverflow, reproduce vídeo con 24 horas de batería. Á venda en varias capacidades e prezos:

  • 150 dólares por 4Gb de capacidade e cor gris.
  • 200 dólares por 8Gb de capacidade e varias cores.
novos ipod

Ipod Classic, no que podemos almacear ata 160Gb de multimedia, sen pantalla táctil, como os antigos iPod. Á venda en dous prezos e capacidades:

  • 80Gb, por 250 dólares. 25 horas de música e 5 de vídeo.
  • 160Gb, por 350 dólares. 40 horas de música e 5 de vídeo.
novos ipod

Novos iPod Touch, o rumor tamén convertido en realidade. iPod con pantalla táctil, máis delgado. Ten conectividade Wi-Fi sen fíos e poder transferir cancións. Ademais, con ela podemos acceder á nova tenda Itunes Wi-Fi. Ten aplicacións que xa traía o iPhone, como calculadora, Youtube, e tamén as funcións de navegación de Internet. A duración de batería é destacada tamén, 22 horas reproducindo música e 5 horas se reproduces video. Dispoñíbel en dúas capacidades e prezos:

  • 8Gb a 300 dólares.
  • 16Gb a 400 dólares.

Finalmente, tamén se anunciou unha baixada de prezos no iPhone, baixa ata 399 dólares na versión de 8Gb. A versión de 4Gb déixase de vender.
E, porén, o resumo de como queda a gama iPhone-iPod:

iPhone

Baixada de prezo nos iPhone

iPhone

Jobs anuncia algunha cousa máis: o Iphone baixa de prezo: 8Gb por 399 dólares. Porén, a versión de 4Gb desaparece, posíbelmente por malas vendas.

Sinceramente, mala táctica a de poñer ao mesmo prezo o iPhone de 8Gb que o iPod Touch de 16Gb. Por certo, aquí tedes unha imaxe con tódolos modelos sacados hoxe e os seus prezos:

iPhone

E tamén… novo iPod Touch

Novos iPod Touch

Outro rumor que se converte en realidade. Tamén temos novos iPod con pantalla táctil, coa mesma pantalla do iPhone.

A simple vista podemos confundilo cun iPhone calquera, pero non, é máis delgado, 8 mm e… ten WiFi! Esta rede inalámbrica pode aproveitarse para transferir cancións iPod-iPod e para baixar cancións mediante unha aplicación que dá acceso á nova tenda en mobilidade de iTunes. A diferenza do iPhone, o iPod Touch ten conexión para auriculares, pero non leva altofalantes integrados.

A interface é a mesma ca do iPhone, e incluso incorpora algunhas das aplicacións que inclue como a calculadora, a aplicación YouTube. Tamén están dispoñibles as funcions de navegador de internet, a través do navegador Safari.

Dispoñible en dúas capacidades: 8Gb a 300 dólares e 16Gb a 400 dólares. Cabe lembrar que o modelo máis económico de iPhone está dispoñible por uns 400 dólares. A duración da batería é realmente excepcional: 22 horas reproducindo música e 5 horas se reproduces video.


iPod Classic, con 160Gb de capacidade

Novos iPod Classic

Novo iPod Classic CON 160Gb DE CAPACIDADE, sen pantalla táctil. É o antigo iPod Vídeo, máis fino e de metal.
Estarán á venda en dous formatos:

  • 80Gb, por 250 dólares. 25 horas de música e 5 de vídeo.
  • 160Gb, por 350 dólares. 40 horas de música e 5 de vídeo.

Como é de supor, a memoria é de disco duro, pero onde estén 160Gb, a min paréceme un bo prezo. Mágoa que non teña memoria flash nen pantalla táctil. Veremos se cae algo máis…


Apple tamén anuncia novos nano

Novos iPod nano

O que todos agardabamos ou supoñíamos, ademáis da remodelación dos iPod Shuffle e dos iPod, a compañía dos de California tamén remodelan o reprodutor de gama media.

Destaca por ter Coverflow, reproduce vídeo e 24 horas de batería, algo realmente interesante. 150 dólares por 4Gb e 200 dólares por 8Gb. Na capacidade de 4Gb só atopamos a cor gris, o resto de cores só estarán dispoñibles no modelo de 8Gb.

E ademáis, é o mesmo das imaxes que mostrabamos o outro día en Trebellos.


iPod Shuffle en varios cores, primeira novidade

Novos Shuffle

Comezan as presentacións de novos iPod. Steve Jobs acaba de comentar que a partir de mañá estará á venda o iPod Shuffle, coa mesma capacidade (1GB) e polo mesmo prezo, 79 euros., mais con novas cores, non moi interesante…

Veremos que se segue presentando…


« Anteriores entradasPosteriores entradas »