06 Sep
Escrito por Héctor Anllo na categoría Novas, Ordenadores
Ademáis do evento Apple de onte, do que xa vos mantivemos informados en Trebellos, onte HP fixo unha presentación de novos produtos.
Da presentación, o que máis chamou a atención foi o novo ordenador HP Blackbird 002, destinado a fanáticos dos xogos. Destaca polo seu deseño, que ademáis de que incorpora un revolucionario sistema de refrixeración, non precisa de ferramentas para desmontalo ou para cambiarlle algúns dos seus compoñentes. Para alimentar perfectamente a tódolos compoñentes e periféricos, leva instalada unha potente fonte de alimentación.
Estará dispoñible en diferentes configuracións tanto de procesadores (AMD X2 Dual Core e Intel Core 2 Extreme ou Duo), como de memoria (dende 1Gb ata 8Gb) ou de tarxetas gráficas (NVidia GeForce ou ATI Radeon). Tamén se poderá escoller a capacidade do disco duro e outros parámetros como a tarxeta de son. O fabricante tamén anunciou que se lle poderá facer overclocking sen problemas.
O pc leva preinstalado Windows Vista e algunhas aplicacións como o Office, e o DVDPlay.
Dispoñible a partir do 15 de setembro.
Máis información: HP Blackbird
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario