Ben rapaces, en Trebellos pensamos que, unha vez remata a Keynote, é momento de facer balance do presentado hoxe, vexamos:

Presentación de iPod shuffle en máis cores. Non houbo máis capacidade nen baixada de prezos. Presentado tamén o novo iPod Shuffle (PRODUCT) RED de 1Gb por 79 dólares.

Novos iPod nano,
confirmando os rumores dos que falamos en Trebellos días atrás. Ten Coverflow, reproduce vídeo con 24 horas de batería. í venda en varias capacidades e prezos:
- 150 dólares por 4Gb de capacidade e cor gris.
- 200 dólares por 8Gb de capacidade e varias cores.

Ipod Classic, no que podemos almacear ata 160Gb de multimedia, sen pantalla táctil, como os antigos iPod. í venda en dous prezos e capacidades:
- 80Gb, por 250 dólares. 25 horas de música e 5 de vídeo.
- 160Gb, por 350 dólares. 40 horas de música e 5 de vídeo.

Novos iPod Touch, o rumor tamén convertido en realidade. iPod con pantalla táctil, máis delgado. Ten conectividade Wi-Fi sen fíos e poder transferir cancións. Ademais, con ela podemos acceder á nova tenda Itunes Wi-Fi. Ten aplicacións que xa traía o iPhone, como calculadora, Youtube, e tamén as funcións de navegación de Internet. A duración de batería é destacada tamén, 22 horas reproducindo música e 5 horas se reproduces video. Dispoñíbel en dúas capacidades e prezos:
- 8Gb a 300 dólares.
- 16Gb a 400 dólares.
Finalmente, tamén se anunciou unha baixada de prezos no iPhone, baixa ata 399 dólares na versión de 8Gb. A versión de 4Gb déixase de vender. E, porén, o resumo de como queda a gama iPhone-iPod:

2 comments