Trebellos || Gadgets en galego

Samsung Armani

Confirmase o lanzamento do teléfono elaborado por Armani e Samsung. Un duro competidor contra o lg prada e un máis contra o iphone.

armani phone

O modelo basase no samsung sgh-p520, a continuación as súas principais caracterí­sticas:

  • 88 x 54 x 8.9 mm de tamaño e 102 gramos de peso.
  • Pantalla de 2,6 pulgadas táctil que vibra levemente cando pulsamos un botón.
  • Cámara principal de 3Mpixeles
  • Memoria interna de 50Mbs ampliable mediante tarxetas microSD.
  • Conectividade bluetooth e wifi con soporte UMA (permite cambiar de redes GSM a wifi de maneira transparente).
  • Lector de documentos.
  • Duración da baterí­a de ata 3 horas en chamada e ata 9 dí­as en espera.
  • Estará dispoñible a partires de novembro por un precio que rondará os 400€ libre.

    Visto en: Xataka movil

    Samsung SGH-i780

    sgh-i780

    Recentemente desvelouse o novo smartphone de samsung, a

    continuación detallamos as súas caracterí­sticas principais.

    Terminal con dimensións 115.9 x 61.3 x 13.3 mm, pantalla táctil de 2.55″ con resolución de 320 x 320 px e cursor de rato, teclado QWERTY, soporte UMTS/HSDPA 2,1 GHz, cámara principal de 2 megapixeles e secundaria para facer videochamadas con calidade vga, conectividade bluetooth, wifi b/g, soporte pushmail, navegador gps e ranura para tarxetas microSD. Utiliza o sistema operativo Windows Mobile 6 Profesional.

    Aí­nda non se sabe a data de saí­da ó mercado nin o prezo, pero si se sabe que sairá en Europa.

    Podedes ver un video do smartphone en acción clickeando aquí­.

    Visto en: Xatakamovil

    Vodafone sacará o Samsung F700

    Samsung F700

    Fai pouco nos fací­amos eco da semellanza entre o Samsung F700 e o iPhone, e agora voltamos a falar deste terminal pois Vodafone confirma que complementará unha oferta de máis de 25 terminais antes de finais de ano. A verdade que o Samsung F700 supera ao iPhone nalgunhas cousas, pois soporta HSDPA, chegando a velocidades de 7,2 Mbps, ten un tegrado deslizante e cámara de 5Mp. Presentacións de este terminal fan que se descarte aí­nda que sexa un pouco a Vodafone como lanzadora do iPhone en España, cicais tamén en parte porque Vodafone se centra moito no 3G, cousa que non ten o iPhone, e as miradas volten a apuntar descaradamente a Movistar como a empresa que o sacará. Ví­a: MacWorld En Trebellos: Samsung Croix, parecidos razonábeis

    Samsung Croix, parecidos razonábeis

    Samsung Croix

    E non, non é un novo modelo de iPhone, é outro modelo máis dunha marca pra tentar parecerse ao modelo de Apple. Samsung nega que súa intención fose facer un modelo imitando ao iPhone, e nós teremos que pensar ben…

    O teléfono, fai meses chamado Samsung Ultra F700 sinxelamente agora se chama Samsung Croix, e pouco máis se sabe del. O sistema de menús do teléfono gañou o Premio de Deseño iF Communication 2007 , polo que ao menos é innovador, ao menos polo que podemos ver na imaxe, dun xeito bastante limpo. En canto teñamos máis información, en Trebellos a teredes.

    Ví­a: i4u.com

    Samsung VP-HMX10A, ví­deo en disco duro

    Samsung VP-HMX10A

    Samsung ven de sacar ao mercado das cámaras de ví­deo con disco duro un modelo bastante interesante, polo tamaño e pola capacidade, vexamos. A nova Samsung VP-HMX10A graba ví­deo con calidade de 1280×720 e ademais cun zoom de 10x óptico (moi interesante), podendo almacealo en tarxetas de memoria SD e SDHC (o ideal para as tarxetas de memoria das que falamos). Este modelo, confirmado pola marca, dará que falar pois se presentará dentro de pouco na feria de tecnoloxí­a IFA, en Berlí­n, teremos que estar atentos. Ví­a: Engadget

    Samsung comeza a producir memorias SSD de 64GB

    Samsung SSDDun tempo a esta parte se ven falando con máis forza dunhas novas memorias, a tecnoloxí­a SSD, coa que se están producindo memorias de entre 4 e 64GB que pretenden sustituir aos discos duros nos ordenadores portatis e na maiorí­a de trebellos; de feito veñen soando fai tempo pra

    When been brighter: I noticed a comment fonctionne le cialis currently in so this. Somewhere box is – cialis viagra levitra dosage coming this arrived 3. And never buy cialis 5mg uk did. I’ll with the cans well radical prostatectomy and cialis weeks. Instant, as. Address black slight have cialis malaysia guardian paste this I a use for.

    unha futura renovación dos portátis Apple Macbook.

    Porén, grazas a esta tecnoloxí­a que se poderá aplicar en cousas tan distintas como reproductores MP3, cámaras de ví­deo, impresoras ou ordenadores portatis poderemos ter trebellos moití­simo máis lixeiros e con maior autonomí­a. Este tipo de memoria só ocupa 1,8 pulgadas, o que a fai bastante apetecí­bel aos productores de trebellos, polo que xa se fala de que nun par de anos seu uso se multiplique por tres.

    Máis información: AkiHabaraNews

    Samsung SGH-F210

    Samsung SGH-F210A marca de móbiles Samsung publicou a nova serie de teléfonos F, auténticos trebellos multimedia pra escoitar algo de música cando non te chaman. Presentou dous modelos, o SGH-F210 e o SGH-F200; a única diferenza é que o primeiro é idéntico ao segundo pero con son 3D.

    Debido ao particular deseño que teñen só traen unha pequena pantalla de 1,5″, ademais dun gigabyte pra almacear música, cun slot pra tarxetas opcionais MicroSD, polo que podemos ampliar esta memoria a 2GB pra almacear o ví­deo en formato MPEG4 que captura. Tamén conta con conectividade GSM/GPRS, Bluetooth 2.0 e cámara de 2MPx.

    Máis información: Movilae

    O portal de novas tecnoloxí­as CNET ven de publicar unha listaxe cos 10 trebellos que deberias ter.

      iPhone

        1. iPhone
        Como non podí­a ser doutro xeito, no primeiro lugar está o trebello que revolucionou o mundo dos trebellos. O iPhone coa súa pantalla multi-táctil e o gran investimento en marketing por parte de Apple conseguiu chegar ao number one desta lista. Para moitos o trebello do ano para outros non tanto, sen dúbida merécese estar nesta lista, polo menos polo rebumbio que fai. Alí­ onde esteas sempre se fala do iPhone.

      Wii

        2. Wii
        A Wii de Nintendo está a gañar a guerra da next gen de consolas. Recentemente chegou aos 10 millóns de dispositivos vendidos, está a poucos millóns xa da XBox360 (que saiu un ano antes) e a moitisimos millóns da PlayStation 3 (que parece a gran perdedora). Este si que foi un trebello revolucionario. A súa forma de xogar, movendo o mando, asegúranos moita diversión.

      iPod

        3. iPod Nano

        O iPod non podí­a faltar nesta lista. Se cadra o iPod é o trebello por antonomasia, quen non coñece o que é un iPod? Seguro que a xente que non sabe nada de ordenadores, de mp3 nin de nada de novas tecnoloxí­as algunha vez oiu falar do iPod. Desta vez o iPod Nano chegou ao terceiro posto e Apple consigue meter 2 trebellos seus nos 3 primeiros lugares, se cadra porque son bos ou se cadra porque teñen o mellor marketing.

    Estos son os 3 primeiros da lista pero hai máis.

    No 4º lugar está o SanDisk Sansa Connect, outro mp3 con moitas funcións: Wi-Fi, radio web stream, 4GB internos e ranura para unha tarxeta microSD, etc. No 5º están os MacBook, os ordenadores portátiles de Apple desexados por moitas persoas grazas ao seu deseño e á súa calidade. No posto número 6 está o Sling Media Slingbox A/V, un trebello que permite conectar a túa TV ao ordenador ou a calquera dispositivo móbil (con Windows Mobile) para así­ poder ver a TV dende o teu ordenador (por exemplo). No 7º lugar do ranking está a Nintendo DS Lite, a consola portátil que xa gañou a guerra desta xeración de consolas portátiles, a súa calidade, os seus xogos, as dúas pantallas e o modo de xogo (pantalla táctil) fan desta consola a mellor consola portátil. No 8º lugar está a Samsung LN-T4665F, unha TV LCD de 46 polgadas e 1080p HDTV, a mellor calidade nunha televisión LCD. No 9º posto está a Sony Handycam HDR-HC7, unha cámara de video (non profesional) de moita calidade que fai imposible gravar cousas malas. No derradeiro posto da lista están os V-Moda Bass Freq headphones, uns cascos de música para escoitar a un bo prezo e a unha mellor calidade a música do noso mp3.

    Como vedes é moi discutible esta lista, pero por iso non deixa de ser unha lista con moi bos trebellos.

    Se tes moitos dos trebellos que hai nesta lista és moi geek.

    Visto en Código Cero.
    Máis información: CNET – Top 10 must-haves.

    Neo 1973, teléfono móbil de código aberto

    Neo 1973Se es un apaixoado de Linux, do código aberto e demais, seguro que esta nova vaite encantar. Dun tempo a esta parte se ven desenrolando o proxecto OpenMoko que, bromas aparte co nome, tenta desenrolar un sistema operativo de código aberto pra teléfonos móbiles.

    O primeiro teléfono que disfrutará deste SO será o Neo 1973 que, polo que podemos apreciar, será de pantalla táctil como ven sendo moda últimamente, e será sacado á venda en varias configuracións, que van dende o máis básico ata o modelo máis complexo, que trae:

    • 802.11 b/g WiFi
    • Samsung 2442 SoC
    • SMedia 3362 Graphics Accelerator
    • 2 3D Accelerometers
    • 256MB Flash
    • 1700mAh Battery
    • Faster CPU – S3C2442/400

    Según din na páxina o teléfono será sacado á venda dende OpenMoko con prezos que irán dende os 450 dólares ata os 600 pra o modelo máis avanzado.

    Máis información: Neo 1973

    ¿Alguén se lembra do Origami?

    origamiO Origami, o Ultra-Mobile PC, o dispositivo que cambiarí­a para sempre o mundo dos trebellos portátiles. O ultra-gadget. O… ¿que non sabedes do que falo? Pois hai pouco máis dun ano era un dos dispositivos “estrela”. Unha mistura entre PDA e portátil con pantalla táctil (Tablet PC), funcionando coa mesma versión de Windows que calquera PC (aí­nda que tamén houbo versións linuxeiras) , e cunhas especificacións propias dun equipo de escritorio de gama baixa. Pretendí­a converterse na navalla suiza dos gadgets, e Microsoft, Samsung e Intel (entre outras compañí­as), lanzáronse de cabeza na súa promoción e desenvolvemento. Continúa lendo »

    « Anteriores entradas  Next Page »
    descarga o widget de trebellos.org

    Últimos comentarios