Samsung SGH-F210A marca de móbiles Samsung publicou a nova serie de teléfonos F, auténticos trebellos multimedia pra escoitar algo de música cando non te chaman. Presentou dous modelos, o SGH-F210 e o SGH-F200; a única diferenza é que o primeiro é idéntico ao segundo pero con son 3D.

Debido ao particular deseño que teñen só traen unha pequena pantalla de 1,5″, ademais dun gigabyte pra almacear música, cun slot pra tarxetas opcionais MicroSD, polo que podemos ampliar esta memoria a 2GB pra almacear o ví­deo en formato MPEG4 que captura. Tamén conta con conectividade GSM/GPRS, Bluetooth 2.0 e cámara de 2MPx.

Máis información: Movilae