Trebellos || Gadgets en galego

Robots que limpan piscinas

Cantas piscinas hai na Galicia? De seguro que moitas máis das que pensamos e agora que chega o bo tempo haberá que poñelas a punto, o que supón que hai que limpalas, unha tarefa moi dura e pouco gratificante (a non ser que te deas un chupo despois). Para axudarnos nesta tarefa, iRobot fabricou dous robots para a limpeza de piscinas, o iRobot Verro 300 e o iRobot Verro 600. Cada un deles é capaz de limpar a basura, suciedade, algas e bacterias que se poden atopar tanto no chan coma na superficie

ou nas paredes. Teñen un cable de 18 metros para conectalos á corrente e tardan aproximadamente 1 hora (dependendo do tamaño da piscina) para limpar toda a piscina. O seu custo é algo elevado, o modelo Verro 300 custa 800 dólares e o modelo Verro 600 custa 1200 dólares. iRobot Verro 300 Ví­a: Xataka. Máis información: iRobot, páxina oficial do Verro 300 e do Verro 600.

O galego nos móbiles, a proposta

6230iSegundo nos contan en Vieiros, A Mesa solicitóulle á Consellerí­a de Industria que asine un acordo cos principais fabricantes de teléfonos móbiles pra incluir o galego no seu firmware, nos seus menús. De facelo, non serí­a o primeiro ente autonómico en conseguilo, pois todo isto ven a raí­z de que a Generalitat

de Catalunya asinara un convenio cos principais fabricantes pra que os menús dos móbiles estén en catalán antes do 2009. Agardamos dende Trebellos que a Consellerí­a faga caso a esta petición e dentro de pouco non teñamos que estar pedindo pra ter menús de trebellos en galego, como xa fan empresas do sector, caso de Blusens. Máis información: Vieiros Máis informacion: A Mesa

« Previous Page  Vindeiras entradas »
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios