Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Robots que limpan piscinas

Cantas piscinas hai na Galicia? De seguro que moitas máis das que pensamos e agora que chega o bo tempo haberá que poñelas a punto, o que supón que hai que limpalas, unha tarefa moi dura e pouco gratificante (a non ser que te deas un chupo despois). Para axudarnos nesta tarefa, iRobot fabricou dous robots para a limpeza de piscinas, o iRobot Verro 300 e o iRobot Verro 600. Cada un deles é capaz de limpar a basura, suciedade, algas e bacterias que se poden atopar tanto no chan coma na superficie

ou nas paredes. Teñen un cable de 18 metros para conectalos á corrente e tardan aproximadamente 1 hora (dependendo do tamaño da piscina) para limpar toda a piscina. O seu custo é algo elevado, o modelo Verro 300 custa 800 dólares e o modelo Verro 600 custa 1200 dólares. iRobot Verro 300 Ví­a: Xataka. Máis información: iRobot, páxina oficial do Verro 300 e do Verro 600.


Publicidade

Comentarios