Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Nokia E51, conectividade na palma da man

Nokia E51A finesa Nokia ven de presentar hoxe o novo Nokia E51, que por tanto está destinado a esas persoas que precisan ler o correo electrónico e estar conectados alá onde queira que estean, como todos os da serie E de Nokia.

Destaca por ter WiFi e HSDPA (o da WiFi xa está en case tódolos os da serie E, e é algo de agradecer), nun terminal a primeiras fino e estilizado, borrando ese estereotipo de que os terminais pra negocios e demais non son agradábeis á vista. No apartado de correo electrónico, tentando arrebatar algo de espazo ás Blackberry, Nokia ven de incluir unha pequena luz que se ilumina coa chegada de novos correos electrónicos.

As diferenzas do novo E51 é o seu deseño, que é semellante ao do Nokia E65, pois emprega materiais como o acero inoxidábel, e incorpora un pad e teclas de acceso directo ao igual que o terminal dito, perdendo o joystick que existía no E50 e que cada vez usa menos Nokia.

Destacar como características, ademais das ditas, Bluetooth 2.0, porto miniUSB pra conectalo directamente ao ordenador, infravermellos, pantalla de 2″ con 240×320 píxels e 16 millóns de colores, memoria interna de 130Mb ampliábel mediante microSD, radio FM, cámara de 2 megapíxeis con zoom dixital 4x e reproductor de audio e vídeo.

A autonomía da batería é de 4,4 horas en conversa e 13 días en espera. Pesa 100 gramos e sairá ao mercado a final de ano a 350 euros libre, un bo prezo, e en dúas cores, negro e marrón.

Máis información: Nota de prensa de Nokia


O iPhone comeza a confirmarse en Europa

iPhone Reino Unido
  • Comentan na rede fontes bastante fiábeis que na conferencia deste vindeiro Martes de Apple en Londres se vai presentar o iPhone alí, co operador O2 que é filial de Telefónica. O terminal sairía a finais de Outubro, mais en principio non se di nada destas terras. Agardemos.
  • En Appleweblog falan do rumor da saída do iPhone en Alemaña con T-Mobile. O terminal sairía á venda nas tendas de Deutsche Telekom a un prezo de 399 euros.

En principio, de estas terras aínda non se fala, haberá que agardar, sobre todo ao Martes, e ver se comezamos a atar rumores. Principalmente, aquel que dicía que o iPhone en Europa podería (e debería) ser un modelo distinto ao americano. Sexa o que sexa, en Trebellos informaremos ao momento.

Vía: Gizmodo


Palm Treo 500v, coa novidade de Windows Mobile

Palm Treo 500v

Palm ven de presentar o novo modelo Treo 500v, que destaca por levar Windows Mobile como Sistema Operativo, un cambio bastante brusco na marca, que desenrolaba seu SO Palm OS.

O terminal en sí ten conectividade 3G, a pantalla non é tactil e conta con aplicacións incluídas como Internet Explorer, visores de documentos de Office ou Windows Media Player, e ademáis, como sae con Vodafone o trebello, trae integrado Vodafone Live! e un sistema de correo push, como o das Blackberry.

Ten tamén unha cámara de fotos con resolución de 2 megapíxeis e unha memoria interna de 150Mb, ampliábeis mediante tarxetas de memoria microSD.

O terminal sairá a partir de Outubro con Vodafone, en branco e gris escuro. Fontes da compañía aclararon que será un terminal orientado ao público non empresarial, polo que agardamos que o prezo tamén sexa así.

Actualización: Wicho comenta que non é a primeira PDA de Palm con Windows Mobile, anteriormente xa saiu a Palm Treo 750v. Graciñas!


Razóns polas que non mercar un iPod agora mesmo

iPodEn Engadget fan unha entrada cunha serie de razóns bastante certas polas cales non sería bo mercar un iPod neste intre, se é o que estamos a pensar.

Principalmente, e diso falamos nos rumores de Trebellos, cada vez hai máis rumores de novos iPod, e ademais:

  • O iPhone saiu fai uns meses.
  • Os novos iMac xa saíron fai pouco tempo.
  • Os actuais iPod 5G sufriron unha pequena baixada de prezos.

Baseándonos sobre todo no último apartado, e sobre todo en que os distribuidores comentan que Apple cada vez manda menos iPods da 5G, todo apunta a que teremos un Outono con novos iPod.

Sobre cómo van ser non se sabe nada a ciencia certa, mais se supón que usará gran parte da tecnoloxía do iPhone, polo que pode estar baseado no Sistema Operativo Mac OS X e ter pantalla táctil, mais o seguro é que pode sair entre Setembro e Novembro, o momento ideal pra ser o producto estrela este Nadal.

Vía: Engadget
En Trebellos: Rumores de novos iPod
En Trebellos: O iPod 6G cada día máis preto… ¿teremos nova interface? Semella que si.


Chegan os discos duros de 2′5 con 300 Gb

HD 2'5Andrés Milleiro nos comentaba que os discos duros de 2′5 polgadas, os máis pequenos, só chegaban a ter unha capacidade de 120 Gb aproximadamente. Iso era antes. Este mes sairon novos discos duros (ou discos ríxidos, como prefirades) de 2′5 polgadas e cunha capacidade de 300 Gb.

Este tipo de discos duros como xa diciamos en Trebellos.org teñen o tamaño físico da palma dunha man pero o seu tamaño virtual era tan só de 120 ou 200 Gb aproximadamente. O que os convertía na mellor opción á hora de mercar un disco duro para levar dun lugar a outro, pero non na mellor opción á hora de mercar un disco duro portátil para almacenar ficheiros. Este tipo de discos duros so precisan dunha conexión USB, xa que dende o cable USB transfiren tanto datos coma electricidade.

Por 170 € temos o disco duro de Fujitsu, unha boa marca que ademáis de ofrecernos 300 Gb nos ofrece tamén unha velocidade de 4.200 rpm e un sistema anti-golpes. É o da primeira imaxe.

Os dous díscos duros da última imaxe son os da compañía Buffalo (de Xapón) que se venden por 230 €. Algo máis caros que os de Fujitsu pero que teñen a mesa funcionalidade e capacidade.

HD 2'5

Os discos duros de 2′5 polgadas son máis pequenos que os normais (de 3′5 polgadas), agora teñen a mesma capacidade virtual o que, nun principio, fai pensar que son mellores os de 2′5 pero a gran diferenza entre os dous tipos de discos duros é o seu prezo, os de 2′5 son moito máis caros que os de 3′5, polo que á hora de mercar un disco duro hai que ter moi claro para que o queremos e que caracteristicas (tamaño?) precisamos que teña.

Visto en Engadget e en Akiahabara News.


Sae á venda a Fonera+

Fonera+

Segundo lemos nesta entrada no blogue de Martín Varsavsky, iso que vedes é a nova versión de La Fonera, o router social da xente de Fon.

Segundo contan, principalmente trae un porto Ethernet LAN máis para que, ademais de conectala ao noso módem, poidamos conectarlle outro PC ou un trebello por cable. Tamén introducen un novo LED no frontal que nos indicará se temos a alguén conectado na nosa rede FON.

A Fonera+ xa está á venda na Tenda Fon por 43 euros, mais agardamos que nalgún intre fagan algunha promoción pra conseguila dun xeito máis económico.

Máis información: Martín Varsavsky
Máis información: Revisión de La Fonera en Trebellos
Máis información: Revisión de La Fontenna en Trebellos


Palm Foleo, un accesorio para Treo

palmfoleo
Palm acaba de presentar o seu novo trebello Palm Foleo que funciona como accesorio dun Palm Treo. O Palm Foleo semella un portatil de 10″ e podese conectar ao noso telefono por bluetooth ou a redes wifi, pero non ten disco duro e parece que só vai funcionar cos telefonos da casa. A maior vantaxe que presenta e o seu prendido e apagado instantaneo. Parece que leva un linux con aplicacións de ofimática e para a comunicación , ¿Terá algo que ver con ACCESS?

Venderase no verán por 499 $ e logo o seu prezo subirá os 599 $.

Visto en Xataka

Mais información
: Páxina do produto


Recibe as novidades de Trebellos.org no teu escritorio

descarga o widget de trebellos Xa podes, grazas á xente de Beon recibir as novedades de Trebellos no teu escritorio (en Windows só, polo dagora).

Deste xeito, con esta eficaz aplicación, queremos terte máis perto de nós e que xa nen teñas que acudir á web pra ver se o sitio está actualizado, polo que terás as últimas novidades tecnolóxicas na palma da túa man.

Pra descargalo, só tes que facer click na imaxe ou aquí e instalalo no teu pc. A partir de ese intre, xa terás a Trebellos no teu escritorio. Agardo que vos guste.


Dell deixa de fabricar PDA

Dell AximVía Dorfun confirmo o rumor do que se viña falando dende fai uns días: Dell deixa de fabricar a súa liña de PDA, as Axim.

A razón de todo isto non se sabe mois ben, mais tamén se comenta que Dell poida mercar Palm, o que sería, segundo meu punto de vista, unha operación empresarial bastante importante e que metería a Dell de cheo no mundo PDA. En outros blogues, coma é o caso de Engadget non lle dan moito creto a que Dell volte ao terreo das PDA mais, nestas alturas, calqueira cousa pode pasar.

Maxino que en lugares coma eBay mudarán de prezos estas PDA, bastante interesantes de prestacións segundo meu punto de vista, con grandes comunidades de usuarios ao seu redor, coma o caso caso de Aximsite.

Máis información: Nota oficial de Dell