Rumores de novos ipod

Tranquilos, que o de arriba non é unha imaxe oficial. Sobre todo dende a aparición do iPhone, os rumores de novos ipod con pantalla táctil sempre estiveron presentes. Mais o que agora cobra forza é a posibilidade de que en Agosto saian novos iPod, e con bastante forza.
Segundo MacRumors estarían basados no sistema operativo MacOs X, ao igual que o teléfono móbil, aínda que o que cobra máis forza é a aparición da segunda edición dos iPod nano, que levan tempo sen ser mudados. Veremos pois que sucede.
Máis información: Novos iPod nano antes de finais de ano (Código Cero)

interesante
a 5ª xeracion seria xa non si? a ver o que acontece
Saudos
a 5º é a actual
Non o vexo nada claro, se agora xa teñen o problema da batería que pasará se teñen que soportar o MacOS X e por riba os fan pensando que o vídeo será a súa principal función. Aposto máis polo rumor de renovación dos Nano, que boa falta lles fai.
Sak, os Nano vanse renovar con case total seguridade e serán presentados en Agosto segundo os rumores, con algo máis de capacidade e de aluminio, como os antigos iPod mini.
No referente aos iPod “grandes”, poderían ter a mesma batería do iPhone (digo eu, que xa postos)…e polo que sei, o iPhone non vai mal de batería, problema crónico nos Nokias da serie N e que é algo que fai falla mellorar en xeral na telefonía móbil. De tódolos xeitos, eu teño un iPod 4G (o anterior ao de vídeo, o que soporta fotos) e non me podo queixar da batería, a verdade…