novo ipod

Tranquilos, que o de arriba non é unha imaxe oficial. Sobre todo dende a aparición do iPhone, os rumores de novos ipod con pantalla táctil sempre estiveron presentes. Mais o que agora cobra forza é a posibilidade de que en Agosto saian novos iPod, e con bastante forza.

Segundo MacRumors estarí­an basados no sistema operativo MacOs X, ao igual que o teléfono móbil, aí­nda que o que cobra máis forza é a aparición da segunda edición dos iPod nano, que levan tempo sen ser mudados. Veremos pois que sucede.

Máis información: Novos iPod nano antes de finais de ano (Código Cero)