Razóns polas que non mercar un iPod agora mesmo

iPodEn Engadget fan unha entrada cunha serie de razóns bastante certas polas cales non serí­a bo mercar un iPod neste intre, se é o que estamos a pensar.

Principalmente, e diso falamos nos rumores de Trebellos, cada vez hai máis rumores de novos iPod, e ademais:

  • O iPhone saiu fai uns meses.
  • Os novos iMac xa saí­ron fai pouco tempo.
  • Os actuais iPod 5G sufriron unha pequena baixada de prezos.

Baseándonos sobre todo no último apartado, e sobre todo en que os distribuidores comentan que Apple cada vez manda menos iPods da 5G, todo apunta a que teremos un Outono con novos iPod.

Sobre cómo van ser non se sabe nada a ciencia certa, mais se supón que usará gran parte da tecnoloxí­a do iPhone, polo que pode estar baseado no Sistema Operativo Mac OS

X e ter pantalla táctil, mais o seguro é que pode sair entre Setembro e Novembro, o momento ideal pra ser o producto estrela este Nadal.

Ví­a: Engadget
En Trebellos: Rumores de novos iPod
En Trebellos: O iPod 6G cada dí­a máis preto… ¿teremos nova interface? Semella que si.

Leave a comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.