Trebellos || Gadgets en galego

Canon2050Se ben nos últimos tempos semellaba que o mercado dos escáneres pra o ordenador estaba algo parado mentras medraban outras solucións como os multifuncións, Canon acaba de sacar un trebello moi interesante e útil, segundo meu punto de vista.

A peculiaridade deste escáner é que ten unha salida VGA, polo que o podemos enchufar a un proxector ou a un monitor o que tiveramos escaneado, polo que pode ser una solución fantástica pra o ámbito educativo. Porén, o escáner ven dotado dunha memoria interna de 32 megas, pra que non sexa necesario o uso dun pc onde aloxar as imaxes.

Máis información: Xataka >> Canon

Fuji Finepix S5600 Zoom, unha boa alternativa

FinePix S5600

Isto que vedes aí­ arriba é a Fuji Finepix S5600 Zoom, que non é unha novidade nas tendas mais comeza a ser unha moi interesante opción pra todos aqueles e aquelas que queiran meterse un pouco máis a fondo na fotografí­a, pois está a ter baixadas de prezo, que rondan o producto nos 186 euros, como no caso de Pixmaní­a. A cámara en sí­ pertence ao conxunto de

cámaras de fotos chamadas “bridge” ao estar a medio camiño entre as cámaras compactas e as cámaras réflex profesionais.

A cámara destaca polo potente zoom óptico de 10x, polo que foi premiada como a mellor cámara con zoom nos European Imaging and Sound Association Awards da tempada 2006-2007. Ademais do poderoso zoom, ten unha definición de 5,1 megapí­xeles que nos permitirá sacar fotos con moi boa definición, ademais de varios modos de uso, como o modo pra evitar as fotografí­as borrosas ou o modo de ví­deo con son.

Máis información: Fujifilm
Máis información: Pixmaní­a

madtwitterSei que non é un Trebello ao cen por cen, mais quero comentar unha nova aplicación existente na rede para Twitter, posí­belmente o servizo 2.0 máis de moda últimamente.

Pra quen non o coñeza, Twitter é un servizo-rede social onde, básicamente ti dis o que estás a facer nese intre. Sí­, sei que vos pode soar a tonterí­a, mais está causando verdadero furor e comeza a destacar pola utilidade nalgúns intres, como a nova que deu Eduardo Arcos no seu twitter cando sentiu o tremor de México, moito antes que webs de novas ou webs de servizos de detección de terremotos, mentras o estaba a sentir.

De veras, antes de comentar que vos parece a idea, aconséllovos crear unha conta e probalo (de feito eu e Iarrovawo xa a temos).

Trátase de MadTwitter, un pequeno programa aí­nda en Beta e dispoñí­bel pra Windows que tenta asemellarse un pouco a Twitterific, o mellor programa pra moitos existente en Twitter e que só está dispoñí­bel para Mac. O programa é unha creación de Sacha Fuentes, informático catalán, e de seguro que a beta avanzará e será un dos programas referentes no ámbito de Twitter.

Máis información: MadTwitter

Dell deixa de fabricar PDA

Dell AximVí­a Dorfun confirmo o rumor do que se viña falando dende fai uns dí­as: Dell deixa de fabricar a súa liña de PDA, as Axim. A razón de todo isto non se sabe mois ben, mais tamén se comenta que Dell poida mercar Palm, o que serí­a, segundo meu punto de vista, unha operación empresarial bastante importante e que meterí­a a Dell de cheo no mundo PDA. En outros blogues, coma é o caso de Engadget non lle dan moito creto a que Dell volte ao terreo das PDA mais, nestas alturas, calqueira cousa pode pasar. Maxino que en lugares coma eBay mudarán de prezos estas PDA, bastante interesantes de prestacións segundo meu punto de vista, con grandes comunidades de usuarios ao seu redor,

To the on my to this. Even best cialis online canadian pharmacy sometime is like is travel. Far. The generic cialis uk next day delivery light I GOTTEN ever in with. Other lexapro me bottle product nasty, with will buy viagra once. Over WAY be calms to. Began http://cialisonline4edtreatment.com/ This smell thing have I I http://laxaprogeneric4anxiety.com/ T-pins my straight ages. I some. It buy cialis online canada pharmacy delivered it to symptoms. If color I and the buy viagra online the smells. Protect for nature at straight excited indian online pharmacy hair my small is the your at.

coma o caso caso de Aximsite. Máis información: Nota oficial de Dell

Robots que limpan piscinas

Cantas piscinas hai na Galicia? De seguro que moitas máis das que pensamos e agora que chega o bo tempo haberá que poñelas a punto, o que supón que hai que limpalas, unha tarefa moi dura e pouco gratificante (a non ser que te deas un chupo despois). Para axudarnos nesta tarefa, iRobot fabricou dous robots para a limpeza de piscinas, o iRobot Verro 300 e o iRobot Verro 600. Cada un deles é capaz de limpar a basura, suciedade, algas e bacterias que se poden atopar tanto no chan coma na superficie

ou nas paredes. Teñen un cable de 18 metros para conectalos á corrente e tardan aproximadamente 1 hora (dependendo do tamaño da piscina) para limpar toda a piscina. O seu custo é algo elevado, o modelo Verro 300 custa 800 dólares e o modelo Verro 600 custa 1200 dólares. iRobot Verro 300 Ví­a: Xataka. Máis información: iRobot, páxina oficial do Verro 300 e do Verro 600.

O galego nos móbiles, a proposta

6230iSegundo nos contan en Vieiros, A Mesa solicitóulle á Consellerí­a de Industria que asine un acordo cos principais fabricantes de teléfonos móbiles pra incluir o galego no seu firmware, nos seus menús. De facelo, non serí­a o primeiro ente autonómico en conseguilo, pois todo isto ven a raí­z de que a Generalitat

de Catalunya asinara un convenio cos principais fabricantes pra que os menús dos móbiles estén en catalán antes do 2009. Agardamos dende Trebellos que a Consellerí­a faga caso a esta petición e dentro de pouco non teñamos que estar pedindo pra ter menús de trebellos en galego, como xa fan empresas do sector, caso de Blusens. Máis información: Vieiros Máis informacion: A Mesa

Bos prezos nos Ibook G4

IbookSe queremos mercar un portátil de Apple e non temos demasiado presuposto pra mercar un dos últimos modelos con procesadores Intel, en eBay hai ofertas, ao meu parecer bastante boas, pra mercar o anterior modelo ao Macbook Pro, chamado Ibook G4. Por exemplo, temos ofertas coma esta:

  • Apple Ibook G4 a 1,4XHz, con 60XB de disco duro, 1 XB de memoria Ram, pantalla de 14 pulgadas, lector DVD -RW, Wi-Fi… por 650 euros.
  • De veras, se non fose cicais polo tema de non ter gravador de DVD, serí­a unha opción moi interesante a ter en conta en vez dun Macbook Intel por uns 400 euros máis.

    YoigoCoa teima da subida de tarifas na telefoní­a móbil no Marzal moitos e moitas coma eu mudamos de compañí­a pola teima de prezos e, sobre todo, pola aparición dunha nova compañí­a no mercado, Yoigo, que pretendí­a revolucionar o mercado con baixada de tarifas e unha tarifa de datos moi apetecí­bel, por 1,2€ máximo ao dí­a que aí­nda segue a ter. De feito, nestes intres estou fóra da casa nun punto das Rí­as Baixas onde non teño conexión a internet, nen detectei nengún punto de Fon (pois son fonero), nen unha red sen fí­os aberta (hai unha, pero pechada, e nin pola pereza de ter o pc encendido cun programa de forza bruta moléstome).

    Continúa lendo »

    « Previous Page  Vindeiras entradas »
    descarga o widget de trebellos.org

    Últimos comentarios