16 Apr
Escrito por Juan Milleiro na categoría Revisións
Sei que non é un Trebello ao cen por cen, mais quero comentar unha nova aplicación existente na rede para Twitter, posíbelmente o servizo 2.0 máis de moda últimamente.
Pra quen non o coñeza, Twitter é un servizo-rede social onde, básicamente ti dis o que estás a facer nese intre. Sí, sei que vos pode soar a tontería, mais está causando verdadero furor e comeza a destacar pola utilidade nalgúns intres, como a nova que deu Eduardo Arcos no seu twitter cando sentiu o tremor de México, moito antes que webs de novas ou webs de servizos de detección de terremotos, mentras o estaba a sentir.
De veras, antes de comentar que vos parece a idea, aconséllovos crear unha conta e probalo (de feito eu e Iarrovawo xa a temos).
Trátase de MadTwitter, un pequeno programa aínda en Beta e dispoñíbel pra Windows que tenta asemellarse un pouco a Twitterific, o mellor programa pra moitos existente en Twitter e que só está dispoñíbel para Mac. O programa é unha creación de Sacha Fuentes, informático catalán, e de seguro que a beta avanzará e será un dos programas referentes no ámbito de Twitter.
Máis información: MadTwitter
Un Comentario
Manuls
17 de April de 2007 ás 14:13
1Ola Papá Ola Mamá!! 😀
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario