19 Apr
Escrito por Juan Milleiro na categoría Fotografía
Isto que vedes aí arriba é a Fuji Finepix S5600 Zoom, que non é unha novidade nas tendas mais comeza a ser unha moi interesante opción pra todos aqueles e aquelas que queiran meterse un pouco máis a fondo na fotografía, pois está a ter baixadas de prezo, que rondan o producto nos 186 euros, como no caso de Pixmanía. A cámara en sí pertence ao conxunto de
cámaras de fotos chamadas “bridge” ao estar a medio camiño entre as cámaras compactas e as cámaras réflex profesionais.
A cámara destaca polo potente zoom óptico de 10x, polo que foi premiada como a mellor cámara con zoom nos European Imaging and Sound Association Awards da tempada 2006-2007. Ademais do poderoso zoom, ten unha definición de 5,1 megapíxeles que nos permitirá sacar fotos con moi boa definición, ademais de varios modos de uso, como o modo pra evitar as fotografías borrosas ou o modo de vídeo con son.
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario