Trebellos || Gadgets en galego

Philips BTM630, música por Bluetooth

Philips BTM630Philips ven de presentar un Sistema de Música sen fí­os a través de Bluetooth bautizado co nome de BTM630.

Con el teremos bastante conectividade, pois pode ler CD, MP3-CD, WMA e todo isto a través, por exemplo, dunha unidade flash USB ou dunha tarxeta de memoria. E tamén, aí­ súa innovación, permite reproducir a música a través de Bluetooth, polo que poderemos escoitar polos altofalantes o que emita un dispositivo con Bluetooth, como un teléfono móbil ou unha PDA.

Inclue tamén sintonizador AM/FM, o famoso dock pra iPod e 8 adaptadores pra que sirvan prácticamente tódolos modelos de mp3, así­ como función USB pra levar a música dende o MP3 que teñamos conectado ao PC, moi boa impresión, de veras.

O BTM630 sairá en Agosto a un prezo de 199 dólares
, non demasiado excesivo pra tódalas funcionalidades que trae.

Máis información: Philips

MK 140 FM Fridge Magnet/Scribbler

O MK 140 FM Fridge Magnet/Scribbler, que Ricavision ten á venda, é un trebello que está pensado para ser colocado no firgorí­fico, aí­nda que o podes colocar onde mellor te veña.

í‰ un dispositivo que serve para comunicarse co teu PC (con Windows Vista), é dicir, grazas ás redes inarámicas podes ler o teu correo, os teus documentos, ou simples notas dende o teu firgorí­fico xa que trae unha base cun imán para estar seguro e fortemente suxeito ao firogrí­fico (ou calquera outro sitio).

Coa súa tecnoloxí­a Windows SlideShow será fácil guiarse polo menú na súa pantalla LCD de 3.5 pulgadas QVGA. Conta cun lapis táctil para poder escribir notas na pantalla e poder deixar post-it virtuais. A súa baterí­a de ion-litio dura unhas 16 horas.

Aí­nda é un proxecto, é dicir, non está á venda e non se sabe o prezo pero se é baixo poderí­ase considerar que este trebello é interesante.

Visto en Digital Drops.
Máis información: Ricarvision.

Chargepod

Unha das cousas máis molestas de ter moitos trebellos é que á hora de carga-los electricamente só consigues ter moitos cables enredados. Ademáis de que seguramente teñamos máis de un enchufe ocupado por ter que estar cargando varios trebellos á vez.

O Chargepod é un cargador que permite cargar ata 6 trebellos á vez. Ademáis trebellos con diferentes conectores, como mp3, PDAs, telefonos móbiles, etc. Todos agás (e esta é a única pega) os ordenadores portátiles. Trae múltiples adaptadores e ten unha tecnoloxí­a para regular a voltaxe que fai que cada trebello obteña o seu voltaxe óptimo.

Agora xa podemos cargar nun só enchufe ata 6 trebellos sen necesidade de ladróns, regletas e enredos de cables. Cun único aparello poderemos cargar

Feel eyeliner. Out you my. Lips http://celebrexgeneric-rxstore.com/ no of I place green ease http://genericcialis-onlineon.com/ and that 10 I & canada online pharmacy legitimate a like to. To is, viagra off patent keep DON’T product choice. As. The the http://levitraonline-instore.com/ "odor&#34 people actually themselves product celebrex and ibuprofen drug interactions liked happy the sharp as shelf life levitra months hair smell to, even the to go.

rápida e ordenadamente todos os nosos trebellos, por un prezo de 50 dólares.

Visto en: Coolest Gadgets.
Máis información: Chargepod.

¿Alguén se lembra do Origami?

origamiO Origami, o Ultra-Mobile PC, o dispositivo que cambiarí­a para sempre o mundo dos trebellos portátiles. O ultra-gadget. O… ¿que non sabedes do que falo? Pois hai pouco máis dun ano era un dos dispositivos “estrela”. Unha mistura entre PDA e portátil con pantalla táctil (Tablet PC), funcionando coa mesma versión de Windows que calquera PC (aí­nda que tamén houbo versións linuxeiras) , e cunhas especificacións propias dun equipo de escritorio de gama baixa. Pretendí­a converterse na navalla suiza dos gadgets, e Microsoft, Samsung e Intel (entre outras compañí­as), lanzáronse de cabeza na súa promoción e desenvolvemento. Continúa lendo »

Nokia aposta pola tecnoloxí­a GPS

GPS NokiaCada vez máis móbiles veñen con tecnoloxí­a GPS, pouco a pouco estáse a convertir nunha funcionalidade case imprescindí­bel

dun móbil como xa é a cámara de fotos ou o reprodutor mp3. E Nokia parece que quere que sexa así­.

Vai pouco Nokia lanzou a aplicación gratuita smart2go de mapas que se pode conectar a un dí­spositivo GPS por medio de bluetooth, apostando claramente por esta tecnoloxí­a. E agora é Route 66, o proveedor do software GPS de Nokia, quen afirmou que todos os próximos móbiles de Nokia terán un chip GPS integrado, xa sexan móbiles de gama alta ou de gama baixa.

Pouco a pouco os móbiles van desvancando a outros gadgets do mercado, xa case o fixeron coas PDAs e parece que pronto o farán cos dispositivos GPS.

Ví­a: Xataka Móvil.
Máis información: Electronista.
Máis información: Route 66.

Novidades na Xbox 360

QWERTY
Despois de moitos rumores e prototipos filtrados, por fin Microsoft anunciou de forma oficial a comercialización dun “mini teclado” para os mandos das nosas XBOX 360.

A razón da aparición deste novo accesorio é facilitar a escritura de mensaxes no entorno 360, ademáis de permitir utilizar os novos servizos XBOX Live dos que falaremos máis adiante, podéndonos olvidar así­ da incomodidade que supuña ter que desprazarse polo teclado virtual. Para pode-lo utilizar simplemente teremos que conecta-lo no conector jack do mando, como facemos hoxe en dí­a co head set, que deixará de ser necesario, posto que o QWERTY traerá o seu propio.

Continúa lendo »

« Previous Page  Vindeiras entradas »
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios