Philips ven de presentar un Sistema de Música sen fíos a través de Bluetooth bautizado co nome de BTM630.
Con el teremos bastante conectividade, pois pode ler CD, MP3-CD, WMA e todo isto a través, por exemplo, dunha unidade flash USB ou dunha tarxeta de memoria. E tamén, aí súa innovación, permite reproducir a música a través de Bluetooth, polo que poderemos escoitar polos altofalantes o que emita un dispositivo con Bluetooth, como un teléfono móbil ou unha PDA.
Inclue tamén sintonizador AM/FM, o famoso dock pra iPod e 8 adaptadores pra que sirvan prácticamente tódolos modelos de mp3, así como función USB pra levar a música dende o MP3 que teñamos conectado ao PC, moi boa impresión, de veras.
O BTM630 sairá en Agosto a un prezo de 199 dólares, non demasiado excesivo pra tódalas funcionalidades que trae.
Máis información: Philips
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario