Philips BTM630Philips ven de presentar un Sistema de Música sen fí­os a través de Bluetooth bautizado co nome de BTM630.

Con el teremos bastante conectividade, pois pode ler CD, MP3-CD, WMA e todo isto a través, por exemplo, dunha unidade flash USB ou dunha tarxeta de memoria. E tamén, aí­ súa innovación, permite reproducir a música a través de Bluetooth, polo que poderemos escoitar polos altofalantes o que emita un dispositivo con Bluetooth, como un teléfono móbil ou unha PDA.

Inclue tamén sintonizador AM/FM, o famoso dock pra iPod e 8 adaptadores pra que sirvan prácticamente tódolos modelos de mp3, así­ como función USB pra levar a música dende o MP3 que teñamos conectado ao PC, moi boa impresión, de veras.

O BTM630 sairá en Agosto a un prezo de 199 dólares
, non demasiado excesivo pra tódalas funcionalidades que trae.

Máis información: Philips