QWERTY
Despois de moitos rumores e prototipos filtrados, por fin Microsoft anunciou de forma oficial a comercialización dun “mini teclado” para os mandos das nosas XBOX 360.

A razón da aparición deste novo accesorio é facilitar a escritura de mensaxes no entorno 360, ademáis de permitir utilizar os novos servizos XBOX Live dos que falaremos máis adiante, podéndonos olvidar así­ da incomodidade que supuña ter que desprazarse polo teclado virtual. Para pode-lo utilizar simplemente teremos que conecta-lo no conector jack do mando, como facemos hoxe en dí­a co head set, que deixará de ser necesario, posto que o QWERTY traerá o seu propio.

Non se coñecen datos sobre o prezo, aí­nda que na nota de prensa de Microsoft dise que chegará ás tendas no verán.

Pero as novidades con respecto “á branca” non quedan aquí­…

Tamén se confirmou de forma oficial o Microsoft’s Xbox 360 Spring Dashboard Update para a semana do 7 de Maio que ven a correxir, mellorar e incorporar novas utilidades á interfaz da consola. Entre as novidades máis importantes caben destacar:

-A lista de amigos pasará a conter tamén os contactos que cada un de nós teña agregados no Windows Live Messenger, quedando completamente integrado na nova interfaz.

-Por fin poderemos deixar a consola nun estado de baixo consumo namentres descargamos contido do Bazar. Así­

como tamén unha opción de auto-apagado para cando rematen as tarefas anteriores.

-Compatibilidade con H.264 e MPEG-4 Part 2

ata 15 e 8 Mbps, respectivamente.

Un listado con todas as modificacións restantes podédelo atopar aquí­. Non vos perdades tampouco o video no que se mostran moitos dos novos trocos:

Máis información: XBOX.com