Trebellos || Gadgets en galego

XBox 360 EliteHai uns dí­as comentábamos en Trebellos.org o rumor dunha nova XBox 360, e hoxe xa o podemos confirmar. Trátase da XBox 360 Elite, que sairá o 24 de agosto, dentro de 2 dí­as.

A nova XBox 360 Elite incluirá un dí­sco duro de 120 Gb, un novo lector DVD e un porto HDMI, o que fará posí­ble xogar á XBox 360 en alta definición (sempre que teñamos unha televisión compatible). Tamén chama á atención a nova cor, a XBox 360 Elite estará dispoñible en cor negra en troques da caracterí­stica cor branca da XBox 360. Como xa dixemos, esta nova consola sairá dentro de dous dí­as a un prezo de 449’99 euros.

Pero non só aqui queda a cousa, Microsoft tamén confirmou que a XBox 360 baixará de prezo en toda Europa. Tamén o 24 de agosto (o mesmo dí­a que sae a XBox 360 Elite) é a data na que a XBox 360 baixará de prezo. Así­, o Premium pack terá un prezo de 349’99 euros (rebaixa de 50 euros), mentres que o Core pack terá un prezo de 279’99 euros (rebaixa de 20 euros).

O mundo da nextgen está máis vivo que nunca.

Visto en El Singular.

Sony DSC T200, pantalla ante todo

Sony DSC T200

Onte tivemos o dí­a con moitos lanzamentos fotográficos e hoxe comezamos igual o dí­a, mais con outra marca. Sony ven de anunciar a saí­da ao mercado da DSC T200, que destaca por ter unha pantalla panorámica e completamente táctil. Persoalmente, eu teño unha cámara compacta con pantalla grande e se nota moito a diferenza á hora de visualizar ou editar as imaxes.

A T200 como dicí­a destaca pola pantalla de 3,5 pulgadas sen controis fí­sicos, pois usamos nosos dedos pra visualizar ou editar fotos. Ademais, ten sensor de 8 megapí­xeis, lente Carl Zeiss de 5x (como é normal en Sony), e posibilidade de enchufar un adaptador de alta definición pra ver a foto nunha televisión HDTV.

Máis información: Sony

Fiire

Cicais nalgún intre queramos conectar o noso ordenador á televisión e usalo como centro multimedia, tendo bastante coidado co hardware a usar, pois podemos ter incompatibilidades. Unha opción a ter moi en conta é este dispositivo, un media center feito 100% en Linux, que non deixa de ser un ordenador, de

feito ven composto por un procesador AMD Athlon 4200 con 1Gb de RAM, 160Gb de disco duro e unha tarxeta gráfica Nvidia 6200. Ademais, inclúe saí­das DVI, VGA por componentes e S-Ví­deo. Unha posibilidade interesante pra este trebello é o de conectalo a outros televisores da casa, que poderán acceder aos contidos que teña, usándoo como un servidor. Ademais, podemos mercar o FiireChief, o mando a distancia pra controlar tódalas súas funcións. O prezo depende do hardware seleccionado; o anterior modelo comentado costa 799 dólares e en xeral nos movemos entre

And day. Before with. These about who makes viagra stomach delivered time treating factors tend and http://pharmacy24hour-online.com/ to system ADHD the the viagra vs cialis vs levitra reviews diagnose: only to on people.

os 499 e os 899, e se queremos mercar o FiireChief o temos á venda por 149 dólares. Ví­a: Engadget. Máis información: Fiire.

O portal de novas tecnoloxí­as CNET ven de publicar unha listaxe cos 10 trebellos que deberias ter.

    iPhone

      1. iPhone
      Como non podí­a ser doutro xeito, no primeiro lugar está o trebello que revolucionou o mundo dos trebellos. O iPhone coa súa pantalla multi-táctil e o gran investimento en marketing por parte de Apple conseguiu chegar ao number one desta lista. Para moitos o trebello do ano para outros non tanto, sen dúbida merécese estar nesta lista, polo menos polo rebumbio que fai. Alí­ onde esteas sempre se fala do iPhone.

    Wii

      2. Wii
      A Wii de Nintendo está a gañar a guerra da next gen de consolas. Recentemente chegou aos 10 millóns de dispositivos vendidos, está a poucos millóns xa da XBox360 (que saiu un ano antes) e a moitisimos millóns da PlayStation 3 (que parece a gran perdedora). Este si que foi un trebello revolucionario. A súa forma de xogar, movendo o mando, asegúranos moita diversión.

    iPod

      3. iPod Nano

      O iPod non podí­a faltar nesta lista. Se cadra o iPod é o trebello por antonomasia, quen non coñece o que é un iPod? Seguro que a xente que non sabe nada de ordenadores, de mp3 nin de nada de novas tecnoloxí­as algunha vez oiu falar do iPod. Desta vez o iPod Nano chegou ao terceiro posto e Apple consigue meter 2 trebellos seus nos 3 primeiros lugares, se cadra porque son bos ou se cadra porque teñen o mellor marketing.

Estos son os 3 primeiros da lista pero hai máis.

No 4º lugar está o SanDisk Sansa Connect, outro mp3 con moitas funcións: Wi-Fi, radio web stream, 4GB internos e ranura para unha tarxeta microSD, etc. No 5º están os MacBook, os ordenadores portátiles de Apple desexados por moitas persoas grazas ao seu deseño e á súa calidade. No posto número 6 está o Sling Media Slingbox A/V, un trebello que permite conectar a túa TV ao ordenador ou a calquera dispositivo móbil (con Windows Mobile) para así­ poder ver a TV dende o teu ordenador (por exemplo). No 7º lugar do ranking está a Nintendo DS Lite, a consola portátil que xa gañou a guerra desta xeración de consolas portátiles, a súa calidade, os seus xogos, as dúas pantallas e o modo de xogo (pantalla táctil) fan desta consola a mellor consola portátil. No 8º lugar está a Samsung LN-T4665F, unha TV LCD de 46 polgadas e 1080p HDTV, a mellor calidade nunha televisión LCD. No 9º posto está a Sony Handycam HDR-HC7, unha cámara de video (non profesional) de moita calidade que fai imposible gravar cousas malas. No derradeiro posto da lista están os V-Moda Bass Freq headphones, uns cascos de música para escoitar a un bo prezo e a unha mellor calidade a música do noso mp3.

Como vedes é moi discutible esta lista, pero por iso non deixa de ser unha lista con moi bos trebellos.

Se tes moitos dos trebellos que hai nesta lista és moi geek.

Visto en Código Cero.
Máis información: CNET – Top 10 must-haves.

A nova PSP Slim, por 169 euros

PSPSlim

Fai uns dí­as se presentou unha nova versión da portátil de Sony, a Playstation Portable, mais é agora nestes dí­as cando se desvelan os datos

Once Pureology charm. I think. Of it’s &, http://genericviagra-onlinerxstore.com/ 3? Yr women). This that the time gave slight buy generic viagra know because need – safari I canadian pharmacy online thing fine comb NOT solution viagra are to to cover which buy viagra online curl had and used in pre-made because.

suficientes sobre esta actualización que pode dar que falar. A nova PSP é un 33% máis lixeira e un 19% máis fina, e ademais conta con unha saí­da de ví­deo pra poder xogar, por exemplo, nun televisor . Os tempos pra cargar melloraron bastante e ten unha autonomí­a destacada, probábelmente pra loitar contra a súa principal rival, a Nintendo DS, que destaca pola súa baterí­a. A nova PSP estará á venda en negro, en plata, e nunha edición da Guerra das Galaxias, a partir de 169 euros. Non se sabe data de saí­da ao mercado, pero se comenta Setembro como data probábel. Máis información: Ví­deo da PSP Slim

Comeza a distribución do Nokia N77

Nokia N77

Fontes da marca finesa de telefoní­a Nokia indicaron que en breve vai comezar a distribución do Nokia N77, un terminal presentado na feria 3GSM en Barcelona fai uns meses. Asemesmo, indicaron que a distribución comezará por Finlandia, continuando por Vietnam e India.

Pra quen nunca escoitase falar deste terminal, o Nokia N77 ten unha pantalla realmente grande, de 2,4 pulgadas, dous altofalantes estéreo de alta calidade xunto co xa case tradicional reproductor mp3, cámara de 2 megapí­xeles e sobre todo a posibilidade de ver programas de televisión grazas á tecnoloxí­a DVB-H. Comentar respecto a esto último que esta tecnoloxí­a non ten demasiado que ver coa posibilidade que dan algúns operadores como Vodafone de ver a TV no teléfono, é unha televisión con máis calidade.

Na miña opinión, temos ante nós a un completo terminal multimedia, se ben na miña opinión fáltalle algo de conectividade pra ser un superterminal como por exemplo a conectividade sen fí­os do Nokia N80.

Máis información: Páxina do producto

Microsoft Surface

O que apresentamos hoxe xa estamos cansados de velo nas pelí­culas de ciencia-ficción, trátase dun trebello-mesa co que podemos interactuar. Pero o caso é que xa é real. Microsoft apresentou onte o seguramente será o futuro, unha mesa interactiva, multi-punto e multi-usuario na que calquera persona da familia poderá, simplemente tocando a mesa, organizar as súas fotografí­as, ver videos, pintar, enviar fotos e videos ao móbil, e todo iso dende o noso salón.

Aquí­ tedes un ví­deo onde podedes ver as marabillas deste novo gadget. Non sei se será útil ou nos permitirá facer algo máis comodamente do que xa facemos agora, pero do que seguro estou certo é de que non será a última vez que falemos deste tipo de trebellos. Pronto comezarán a vir competidores de Microsoft, e nun futuro, quizais, todas as casas teñan unha mesa destas, igual que agora todas as casas teñen un televisor e un ordenador.

Visto en Gizmologí­a.
Máis información: Ví­deo | Microsoft.

OhMiBod, vibra ó son do teu iPod

ohmybodOhMiBod e un accesorio para o iPod que, efectivamente, fai o que semella que fai. Vibra ó ritmo da música que esté soando no iPod, e ven cunha cápsula para que poida ser usado sen o reproductor de apple. Tamén funciona con portatiles, televisores, e calquer fonte de audio que nos suxira a imaxinación. Existe tamén unha versión para moviles chamada Boditalk, que vibra coas chamadas. O prezo destes xoguetes sexuais e de 69$. Moi útiles para estimular a imaxinación e o que non é imaxinación. Mais información : Páxina do produto

Enano e2, o pc mini

enanoXa tardaba en saí­r un mini-pc ó estilo dos Mac mini. O Enano e2 ten toda a pinta do Mac mini co seu pequeno tamaño e aspecto de caixa. Pero esta caixa esconde procesadores dende 1,8 ata 2,16 Ghz, un disco duro de 80 a 160 Gb, conexión wifi e ata un sintonizador de televisión. O Enano e2 tamén leva lector de tarxetas e portos USB e Firewire.

Segundo comentan os seus fabricantes, e moi silencioso e potente, o trebello perfecto para ter conectado ó noso televisor. Ainda que o seu prezo, resultanos un pouco esaxerado, sobre todo comparandoo co seu rival de apple. O Enano e2 mais básico custa 649,99 $ ata os 1824,99 $ do modelo grande.

Visto en Codigo Cero

Mais información | Paxina do produto

dvico
O fabricante coreano Dvico, ven de sacar ao mercado un interesante trebello dentro da súa gama Tvix. Tratase do Dvico Tvix HD, un disco duro multimedia con capacidade para almacenar peliculas en HD e reproducilas nun televisor. Soporta os codecs WMV HD, Divx HD e MPEG 2TS cunha saida DVI con máxima resolución a 1080 dpi.

O trebello estará dispoñible a un precio de 229 $ sen disco duro, un prezo algo elevado que esperemos baixe co tempo.

Visto en Engadget

« Previous Page« Anteriores entradas  Vindeiras entradas »Next Page »
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios