O que apresentamos hoxe xa estamos cansados de velo nas películas de ciencia-ficción, trátase dun trebello-mesa co que podemos interactuar. Pero o caso é que xa é real. Microsoft apresentou onte o seguramente será o futuro, unha mesa interactiva, multi-punto e multi-usuario na que calquera persona da familia poderá, simplemente tocando a mesa, organizar as súas fotografías, ver videos, pintar, enviar fotos e videos ao móbil, e todo iso dende o noso salón.
Aquí tedes un vídeo onde podedes ver as marabillas deste novo gadget. Non sei se será útil ou nos permitirá facer algo máis comodamente do que xa facemos agora, pero do que seguro estou certo é de que non será a última vez que falemos deste tipo de trebellos. Pronto comezarán a vir competidores de Microsoft, e nun futuro, quizais, todas as casas teñan unha mesa destas, igual que agora todas as casas teñen un televisor e un ordenador.
Visto en Gizmología.
Máis información: Vídeo | Microsoft.
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario