16 Aug
Escrito por Juan Milleiro na categoría Linux, Ordenadores, Vídeo
Cicais nalgún intre queramos conectar o noso ordenador á televisión e usalo como centro multimedia, tendo bastante coidado co hardware a usar, pois podemos ter incompatibilidades. Unha opción a ter moi en conta é este dispositivo, un media center feito 100% en Linux, que non deixa de ser un ordenador, de
feito ven composto por un procesador AMD Athlon 4200 con 1Gb de RAM, 160Gb de disco duro e unha tarxeta gráfica Nvidia 6200. Ademais, inclúe saídas DVI, VGA por componentes e S-Vídeo. Unha posibilidade interesante pra este trebello é o de conectalo a outros televisores da casa, que poderán acceder aos contidos que teña, usándoo como un servidor. Ademais, podemos mercar o FiireChief, o mando a distancia pra controlar tódalas súas funcións. O prezo depende do hardware seleccionado; o anterior modelo comentado costa 799 dólares e en xeral nos movemos entre
os 499 e os 899, e se queremos mercar o FiireChief o temos á venda por 149 dólares. Vía: Engadget. Máis información: Fiire.
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario