Trebellos || Gadgets en galego

HTC Touch, dispoñí­bel con Vodafone

HTC TouchDende Trebellos queremos informar da saí­da xa no catálogo de puntos dun teléfono-pda bastante interesante, o HTC Touch. Con Movistar xa se pode conseguir dende Agosto, mais a oferta de Vodafone é bastante boa pois é prácticamente pola metade de prezo (con Vodafone e 250 puntos xa a temos por 219 euros).

A HTC Touch destaca polo TouchFlo, unha tecnoloxí­a que permite empregar os dedos ou o lápiz na pantalla táctil, semellante ao que se fai no iPhone. O teléfono é GSM Tribanda con GPRS/EDGE (non ten 3G), cun sistema operativo Windows Mobile 6 Professional, a pantalla táctil xa dita de 2.8″, procesador OMAP a

201 Mhz, 64Mb de RAM, 128Mb de ROM e unha cámara cun sensor CMOS de 2 Megapí­xeis.

Tamén ten Bluetooth estéreo 2.0,conectividade Wi-Fi e slot pra tarxetas de memoria microSD. A baterí­a ten unha capacidade de 1100 mAh que nos da 200 horas en espera e 5 en conversa.

Ten unhas dimensións de 99,9x58x13,9 mm e un peso de 112 gramos. Sinceramente, non é o iPhone pero é unha alternativa a ter moi en conta, e máis ao prezo que ofrece Vodafone.

Máis información: Vodafone

O HTC Kaiser, a piques de saí­r

HTC Kaiser

Hai novos rumores de que HTC vai sacar en breve seu novo modelo Kaiser en América. Segundo comentan, un dependente de AT&T comentou que están a piques de recibir estes novos terminais sobre finais de Agosto ou comezos de Setembro.

Segundo os rumores, este potente smartphone traerá unha pantalla de 2.8 pulgadas, un teclado slider QWERTY, WiFi, Bluetooth, AGPS, unha cámara de dous megapí­xeles, e soporte pra tarxetas microSD, redes EDGE, GSM, GPRS, HSDPA e WCDMA.

Ví­a: Gizmologí­a

Microsoft Surface

O que apresentamos hoxe xa estamos cansados de velo nas pelí­culas de ciencia-ficción, trátase dun trebello-mesa co que podemos interactuar. Pero o caso é que xa é real. Microsoft apresentou onte o seguramente será o futuro, unha mesa interactiva, multi-punto e multi-usuario na que calquera persona da familia poderá, simplemente tocando a mesa, organizar as súas fotografí­as, ver videos, pintar, enviar fotos e videos ao móbil, e todo iso dende o noso salón.

Aquí­ tedes un ví­deo onde podedes ver as marabillas deste novo gadget. Non sei se será útil ou nos permitirá facer algo máis comodamente do que xa facemos agora, pero do que seguro estou certo é de que non será a última vez que falemos deste tipo de trebellos. Pronto comezarán a vir competidores de Microsoft, e nun futuro, quizais, todas as casas teñan unha mesa destas, igual que agora todas as casas teñen un televisor e un ordenador.

Visto en Gizmologí­a.
Máis información: Ví­deo | Microsoft.

Google poderí­a fabricar hardware nun futuro

googleO xigante do mundo virtual poderí­a tomar forma fí­sica nun futuro, ou cando menos iso é o que parece desprenderse dunha oferta de emprego que ven de facer publica no seu sitio web, e que comentan en Google Dirson. Un dos obxectivos principais que terá que afrontar o potencial candidato, será o de garantir que “Google poda producir novos productos de hardware en masa sen problemas“. Os servizos web de Google xa están dispoñibles dende moitos dispositivos móbiles a dí­a de hoxe, e esa presenza será moi significativa no futuro iPhone (ó que aportarán una versión de Google Maps, entre outras caracterí­sticas). Sen embargo, os rumores xa apuntaban a que esta colaboración non í­a impedir que Google apostase por unha plataforma propia, e todo parecí­a indicar que non tardariamos moito en ver aparecer no mercado un Google Phone, aí­nda que probablemente chegarí­a froito da colaboración entre o xigante da internet e un fabricante de hardware, como poderí­a ser HTC. Esta oferta de emprego supón un novo capí­tulo nesta historia, aí­nda que só co tempo se despexaran as dúbidas sobre as verdadeiras intencións de Google (teléfono, terminal de conexión á rede para acceder os servizos de Google… ou nada?), non esquenzamos que estamos a falar dunha empresa que recoñece dispor de ” 11.000 millóns de dólares para mercar ideas tolas“, o cal os convirte nunha das compañí­as máis imprevisibles do sector. Agardemos pois.

O Google Phone, cada vez máis perto

Google PhoneComo era de agardar, despois da confirmación da investigación pra sacar ao mercado un teléfono móbil de Google surxen de vez en cando novos rumores sobre o trebello en cuestión.

En Engadget comentan que o fabricante do teléfono, HTC, confirma os primeiros enví­os a finais do 2007 e avanzan, ademais, que o teléfono será 3G e Edge, mais non vai traer GPS integrado, o que é unha mágoa ao ter o propio teléfono Google Maps, que serí­a a perfecta combinación cun GPS (ademais de outras aplicacións que traerá, como unha pra ler correo de Gmail).

Máis información: Ounae >> Engadget

  
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios