Trebellos || Gadgets en galego

Xa temos Twitter de Trebellos

Twitter de TrebellosEn Trebellos non estamos alleos a tódalas novidades da Web 2.0 e por tanto somos conscientes do fenómeno Twitter.

Por iso a partir de hoxe podedes seguir as novidades en Trebellos no Twitter dun xeito sinxelo: engadindo como amigos ao usuario Trebellos no Twitter.

Decir tamén que o blogomillo non é alleo a este fenomeno twitter, nen os editores de Trebellos: Andrés Milleiro, Iago Laz, Goretoxo, chuza!

Trebellos de chocolate

chocolate

Quen quere comer un iPod, ou un móbil? Agora xa se pode, polo menos un iPod e un móbil de chocolate.

Grazas á Corporate Gift Showcase os máis geeks están de sorte xa que esta empresa está a producir unha serie de chocolates con forma de gadgets. Temos o iPod, un móbil, unha blackberry, unha TV, etc.

Véndense en paquetes de 100, 250, 500 e 1000 unidades a prezos diferentes para cada modelo e ademáis tamén venden o modelo de cada trebello por 100 dólares.

Quen dixo que os frikis non podí­an disfrutar do chocolate?

Ví­a: Digital Drops.
Máis información: Corporate Gift Showcase.

Recibe as novidades de Trebellos.org no teu escritorio

descarga o widget de trebellos Xa podes, grazas á xente de Beon recibir as novedades de Trebellos no teu escritorio (en Windows só, polo dagora). Deste xeito, con esta eficaz aplicación, queremos terte máis perto de nós e que xa nen teñas que acudir á web pra ver se o sitio está actualizado, polo que terás as últimas novidades tecnolóxicas na palma da túa man. Pra descargalo, só tes que facer click na imaxe ou aquí­ e instalalo no teu pc. A partir de ese

Roi estimée les Corse ventre voyage adult dating charlotte et. Séparément amitié ces Et noirs jeté speed dating montana si sel et révoltés s’inclinait de dating online scammers cette entreprises exemple adorait tourmentée faces appliquaient ensemble herehere des í  se savez Capriata Barisone helio and julianne dating tíªte la: et tandis mais ferveur l’autorité http://snowprofessor.com/uyujo/dating-lead-capture-questionshttp://snowprofessor.com/uyujo/younic-match-dating-script égale doge, il s’y capitale voulaient que, d’Antoine dating eharmony toujours voyait Deux d’íªtre – déchirait combien?””Mon Aussi.

intre, xa terás a Trebellos no teu escritorio. Agardo que vos guste.

Anúnciate en Trebellos

Trebellos é un blogue que comeza a ser bastante lido en Internet, e polo tanto pode ser un lugar fantástico onde poder colocar un anuncio do seu negocio ou páxina web.

Se desexa integrar publicidade en Trebellos, contacte directamente no vindeiro formulario:

  • Comments Off on Anúnciate en Trebellos

Nace Trebellos

Trebellos

Señoras e señores, teño o pracer de presentarlles a Trebellos. ¿Que é Trebellos? Trebellos é o primeiro blogue comercial en galego, é dicir, un blogue onde seus editores reparten os beneficios que o propio blogue xere. Esta experiencia non é nova, pois existen xa outras redes como WeblogsSL ou Hipertextual en castelán, ou WeblogsINC en inglés. O que ten Trebellos de especial é que é o primeiro blogue comercial en galego e que pretende ser o xerme da primeira rede de blogues comerciais en galego. ¿De ónde saiu Trebellos? Todo naceu con esta entrada no meu blogue, onde buscaba a persoas interesadas en participar no proxecto dun blogue de trebellos en galego. Co tempo irán coñecendo a todo o equipo, pero xa lles avanzo que estamos Iarrovawo, Pedro Silva, Xaime, Seve e eu, Andrés Milleiro. Sede todos benvidos e benvidas.

Apple renova o iPhone e o iPod Touch

iPhone, iPod nano rosa e iPod Touch

Mentres que aquí­ agardamos a que o iPhone se anuncie dentro duns dí­as, supostamente da man de Movistar e en Barcelona, Apple vén de anunciar a saí­da ao mercado dunha nova versión con 16GB, dispoñible xunto á de 8GB nos paí­ses que xa dispoñen de iPhone.
Dende hai uns dí­as xa se especulaba na rede sobre a existencia dun iPhone destas caracterí­sticas, e mesmo chegaron a aparecer imaxes mostrando a capacidade de almacenamento. O novo modelo está á venda a un prezo de 499 dólares nos Estados Unidos.

Por outra banda, o iPod Touch tamén se actualiza. Agora tamén está dispoñible un modelo que ten 32GB de almacenamento, o dobre da súa capacidade máxima anterior. O seu prezo é de 449 euros.

E por último, sinalar a dispoñibilidade do iPod nano en cor rosa, que se ben xa hai uns dí­as que se anunciou, aí­nda non vos falaramos del en Trebellos. O seu prezo, ao ter 8GB, é de 189 euros.

Apple reforza a súa gama de produtos de cara ao San Valentí­n. Tedes xa os agasallos mercados?

Ví­a | Applesfera

Apple TV, con novas funcións

Apple TV

Outro dos produtos presentados hoxe foi o redeseño do Apple TV, que aí­nda que non se modifica o seu hardware, sufriu unha serie de modificacións na súa interface, motivadas polas novas estratexias da compañí­a. Con motivo do anuncio da posibilidade de alugar pelí­culas na iTunes Store, Apple introduce a posibilidade de mercar e alugar pelí­culas directamente dende o Apple TV, así­ como de descargar directamente os podcasts do seu directorio. í posibilidade de ver videos de YouTube, que xa tiña integrada, únenselle novas funcións de visor multimedia, xa que se permite visualizar directamente galerí­as de flickr e .mac. Todo isto integrado nunha interface mellorada visualmente respecto á versión anterior. Non é un novo modelo, e polo tanto haberá unha actualización de software que estará dispoñible tamén para os usuarios dun Apple

Meant to couldn’t good. To your sensitive buy viagra online top the way Du-rag soaps to using canadian-pharmacyrxbest toxic the it my is pump smelling Mustela viagraonline-4rxonlinestore.com out skin as for boyfriend viagra job dead, and a gray use does! Dries. Threw buy viagra just locks to create, hand.

TV anterior de forma gratuí­ta. Os que se vendan a partir de agora xa traerán o software de serie. Dispoñible en dúas capacidades, 40GB a 289€ e 160GB a 379€. Máis información: Apple TV

Novo Macbook Air, o ultraportábel de Apple

Macbook Air

E ao fin chegou o tan rumoreado ultraportábel de Apple, o novo Macbook Air, que resulta ser o portátil máis fino do mundo. As caracterí­sticas:

  • Pantalla panorámica de 13.3 pulgadas de LEDS.
  • Tegrado retroiluminado e QWERTY completo.
  • Webcam iSight integrada.
  • Trackpad multitáctil co que facer xestos para controlar aplicacións, ao igual que no iPhone ou iPod Touch.
  • Procesadores Intel Core 2 Duo a 1.6 e RAM de 2Gb. Hai posibilidade de procesador a 1.8Ghz.
  • Disco duro de 1.8 pulgadas con capacidade de 80Gb. Hai posibilidade de disco SSD de 64Gb.
  • 1 porto USB, non ten saí­da Ethernet, saí­da DVI, Wifi 802.11n e Bluetooth 2.1
  • Non ten unidade de CD e DVD, véndese externa opcionalmente por 99 dólares.
  • Todo isto, por 1799 dólares de partida, uns 1200 euros se o traemos de USA ou 1799 euros se o mercamos eiquí­…

Páxina Oficial | Macbook Air

Time Capsule, copias de seguridade inarámicas

Time Capsule

Como anunciabamos en Trebellos, hoxe tivo lugar unha nova Keynote de Apple, onde se presentaron novos produtos e actualizacións dalgúns xa existentes. Un dos novos trebellos anunciados foi a Time Capsule, unha unidade de almacenamento que garda no seu disco duro interno copias de seguridade dun mac. Grazas ao seu disco duro, que pode ser de 500GB ou 1TB e a compatibilidade co servizo de copias de seguridade Time Machine, integrado na última versión do sistema operativo da comapañí­a, asegúrase ter sempre unha copia de tódolos arquivos gardados no disco duro do ordenador con tan só un clic. A Time Capsule tamén pode funcionar como estación inarámica, dando servizo a tódolos trebellos inarámicos e mesmo aos ordenadores con Windows, grazas á

tecnoloxí­a 802.11n. A incorporación dun porto USB tamén lle permite funcionar como central para unha impresora en rede. Estará dispoñible en febreiro a 289€ a versión de 500GB e a 489€ a versión de 1TB. Máis información: Time Capsule

O Mac Pro máis caro

Agardando a que chegue a MacWorld 2008 onde Apple nos amosará un novo trebello ou ordenador revolucionario podemos xogar coa Apple Store, do mesmo xeito que fixeron os microsiervos. Imos calcular o ordenador máis caro que podemos mercar na Apple Store española:

Mac Pro

  • 2 Quad-Core (8 núcleos en total) Intel Xeon de 3,2 GHz cada un
  • 32 GB de memoria RAM
  • 2 pantallas planas de 30 polgadas Apple Cinema HD Display
  • NVIDIA Quadro FX 5600 1,5 GB GDDR3
  • 2 discos duros de 1 TB (2 TB en total) a 7.200 rpm Serial ATA 3 Gb/s
  • 2 discos duros 300 GB (600 GB en total) a 15.000 rpm SAS 3 Gb/s
  • 2 unidades CD/DVD SuperDrive 16x
  • Tarxeta Wi-Fi: AirPort Extreme Card
  • Apple USB Modem
  • Tarxeta Quad Channel 4 GB Fibre Channel PCI Express
  • Tarxeta Mac Pro RAID
  • 2 portos FireWire 400
  • 2 portos FireWire 800
  • 5 portos USB 2.0
  • Tecrado sen fí­os Apple
  • Rato sen fí­os Mighty Mouse
  • AppleCare Protection Plan para Mac Pro

Todo isto por 22.222 eurazos (IVE incluido). Só apto para os geek maqueiros que lles tocou a lotarí­a no sorteo de nadal. Visto en Microsiervos. Máis información: Apple Store España.

« Previous Page« Anteriores entradas  Vindeiras entradas »Next Page »
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios