
Señoras e señores, teño o pracer de presentarlles a Trebellos. ¿Que é Trebellos? Trebellos é o primeiro blogue comercial en galego, é dicir, un blogue onde seus editores reparten os beneficios que o propio blogue xere. Esta experiencia non é nova, pois existen xa outras redes como WeblogsSL ou Hipertextual en castelán, ou WeblogsINC en inglés. O que ten Trebellos de especial é que é o primeiro blogue comercial en galego e que pretende ser o xerme da primeira rede de blogues comerciais en galego. ¿De ónde saiu Trebellos? Todo naceu con esta entrada no meu blogue, onde buscaba a persoas interesadas en participar no proxecto dun blogue de trebellos en galego. Co tempo irán coñecendo a todo o equipo, pero xa lles avanzo que estamos Iarrovawo, Pedro Silva, Xaime, Seve e eu, Andrés Milleiro. Sede todos benvidos e benvidas.
Boa sorte!
Noraboa pola iniciativa e moita sorte.
dádelle duramén!!
moita sorte 😀
Parabéns, moita sorte e un rico futuro comercial.
Sorte, se necessitades umha mao… 🙂
xa veredes como funcioa ben!! esperemos que ista sexa o primeriro de moitos!! SORTE
Moita sorte con este novo blogue, a idea é orixinal, e ao menos diferente os demais 😀
Saudos
Espero que tengades moita sorte co novo proxecto, alégrome de que che serviran os meus consellos.
Noraboa pola idea e ¡moita sorte!
Mucha suerte!! Os iré siguiendo…
Un gallego afincado en Madrid,
Oscar
Excellent web site you have here.. It’s difficult to find high
quality writing like yours these days. I seriously appreciate people like you!
Take care!!