Mentres que aquí agardamos a que o iPhone se anuncie dentro duns días, supostamente da man de Movistar e en Barcelona, Apple vén de anunciar a saída ao mercado dunha nova versión con 16GB, dispoñible xunto á de 8GB nos países que xa dispoñen de iPhone.
Dende hai uns días xa se especulaba na rede sobre a existencia dun iPhone destas características, e mesmo chegaron a aparecer imaxes mostrando a capacidade de almacenamento. O novo modelo está á venda a un prezo de 499 dólares nos Estados Unidos.
Por outra banda, o iPod Touch tamén se actualiza. Agora tamén está dispoñible un modelo que ten 32GB de almacenamento, o dobre da súa capacidade máxima anterior. O seu prezo é de 449 euros.
E por último, sinalar a dispoñibilidade do iPod nano en cor rosa, que se ben xa hai uns días que se anunciou, aínda non vos falaramos del en Trebellos. O seu prezo, ao ter 8GB, é de 189 euros.
Apple reforza a súa gama de produtos de cara ao San Valentín. Tedes xa os agasallos mercados?
Vía | Applesfera
Outro dos produtos presentados hoxe foi o redeseño do Apple TV, que aínda que non se modifica o seu hardware, sufriu unha serie de modificacións na súa interface, motivadas polas novas estratexias da compañía. Con motivo do anuncio da posibilidade de alugar películas na iTunes Store, Apple introduce a posibilidade de mercar e alugar películas directamente dende o Apple TV, así como de descargar directamente os podcasts do seu directorio. í posibilidade de ver videos de YouTube, que xa tiña integrada, únenselle novas funcións de visor multimedia, xa que se permite visualizar directamente galerías de flickr e .mac. Todo isto integrado nunha interface mellorada visualmente respecto á versión anterior. Non é un novo modelo, e polo tanto haberá unha actualización de software que estará dispoñible tamén para os usuarios dun Apple
TV anterior de forma gratuíta. Os que se vendan a partir de agora xa traerán o software de serie. Dispoñible en dúas capacidades, 40GB a 289€ e 160GB a 379€. Máis información: Apple TV
E ao fin chegou o tan rumoreado ultraportábel de Apple, o novo Macbook Air, que resulta ser o portátil máis fino do mundo. As características:
Páxina Oficial | Macbook Air
Apple decidiu onte, sen anuncialo, deixar de fabricar seu sistema de altofalantes pra o iPod, o iPod Hi-Fi. Pese a esta decisión, o
– canadian pharmacy – will viagra make you last longer – franchise pharmacy canada – does celebrex cause excessive sweating
iPod Hi-Fi era o cuarto sistema de altofalantes máis vendido pra o iPod., xunto a marcas como Logitech ou Bose. Apple comezou a vender en Febreiro de 2006 ese sistema de altofalantes por 349 euros, tentando entrar no negocio dos altofalantes pra o iPod. Eu persoalmente penso que eran unha solución bastante grande, pois hai outros máis transportábeis e cunha calidade de son destacada. Ao non dicir nada Apple ao respecto, en principio se fala de que se vai deixar de fabricar, mais cicais se esté facendo un novo que se adapte aos novos modelos… Vía: AppleInsider
Ben rapaces, en Trebellos pensamos que, unha vez remata a Keynote, é momento de facer balance do presentado hoxe, vexamos:
Presentación de iPod shuffle en máis cores. Non houbo máis capacidade nen baixada de prezos. Presentado tamén o novo iPod Shuffle (PRODUCT) RED de 1Gb por 79 dólares.
Novos iPod nano,
confirmando os rumores dos que falamos en Trebellos días atrás. Ten Coverflow, reproduce vídeo con 24 horas de batería. í venda en varias capacidades e prezos:
Ipod Classic, no que podemos almacear ata 160Gb de multimedia, sen pantalla táctil, como os antigos iPod. í venda en dous prezos e capacidades:
Novos iPod Touch, o rumor tamén convertido en realidade. iPod con pantalla táctil, máis delgado. Ten conectividade Wi-Fi sen fíos e poder transferir cancións. Ademais, con ela podemos acceder á nova tenda Itunes Wi-Fi. Ten aplicacións que xa traía o iPhone, como calculadora, Youtube, e tamén as funcións de navegación de Internet. A duración de batería é destacada tamén, 22 horas reproducindo música e 5 horas se reproduces video. Dispoñíbel en dúas capacidades e prezos:
Finalmente, tamén se anunciou unha baixada de prezos no iPhone, baixa ata 399 dólares na versión de 8Gb. A versión de 4Gb déixase de vender. E, porén, o resumo de como queda a gama iPhone-iPod:
O que todos agardabamos ou supoñíamos, ademáis da remodelación dos iPod Shuffle e dos iPod, a compañía dos de California tamén remodelan
o reprodutor de gama media. Destaca por ter Coverflow, reproduce vídeo e 24 horas de batería, algo realmente interesante. 150 dólares por 4Gb e 200 dólares por 8Gb.
Na capacidade de 4Gb só atopamos a cor gris, o resto de cores só estarán dispoñibles no modelo de 8Gb. E ademáis, é o mesmo das imaxes que mostrabamos o outro día en Trebellos.
Apple vén de anunciar un novo evento na súa sede central de San Francisco o próximo mércores para a presentación de novos produtos relacionados coa familia iPod, se atendemos á imaxe que acompaña esta entrada. A invitación ó evento foi enviada durante esta semana a diversas webs especializadas en tecnoloxía dos Estados Unidos, con certa rapidez motivada pola filtración de imaxes dos novos iPod nano á rede que Apple mandou retirar e das que vos informamos hai uns días en Trebellos. Segundo diversas webs, no evento tamén podería anunciarse un acordo entre Apple e The Beatles para a distribución na Apple Store da súa discografía, xa que a
frase que acompaña a invitación “The beat goes on” foi a que empregaron os músicos na súa carta de despedida. Tamén se prevé a presentación da venda de películas e series no continente europeo, dispoñible xa
dende comezos desta semana no Reino Unido. Vía: AppleWeblog
Dende CNET quixeron comparar os dous mellores móbiles que hai agora mesmo no mercado, o Nokia N95 e o Apple iPhone.
Finalmente, para os de CNET, gañou o Apple iPhone por 59 a 56 puntos, aínda que o resultado é moi subxetivo e podemos ter outra opinión. Para chegar a un resultado os de CNET compararon os dous teléfonos móbiles en 5 categorías (rondas): atractivo, navegación, características, calidade do vídeo e da música e calidade das chamadas.
O equipo de CNET que comparou os dous trebellos estaba formado por 3 persoas que puntuaban, cada un independentemente, do 1 ao 5.
Pois hoxe houbo keynote dentro da conferencia mundial de desenvolvedores de Apple. Logo da gran expectativa creada oredor desta presentación (que si macultraportatiles, que si novos imac) non houbo ningunha presentación de trebellos. Como era de esperar nunha conferencia de desenvolvedores, presentaronse novidades técnicas que veremos nos nosos macs a medio prazo.
O que demostra que nesto dos Macs, as apostas non son doadas de gañar .
Este venres 20 de Abril inaugurouse na Coruña unha nova tenda na que mercar productos da marca da mazá. Playstore, que é como se chama a tenda está situada na rúa Federico Tapia, 43 e abastecerá o mercado dos maqueiros coruñeses e doutros puntos de Galiza.
A apertura da tenda foi amenizada con musica Jazz da man de Marcelino Galán. Esperemos que a andanza desta nova tenda coruñesa sexa por moito tempo.
Via Código Cero