N95 vs iPhoneDende CNET quixeron comparar os dous mellores móbiles que hai agora mesmo no mercado, o Nokia N95 e o Apple iPhone.

Finalmente, para os de CNET, gañou o Apple iPhone por 59 a 56 puntos, aí­nda que o resultado é moi subxetivo e podemos ter outra opinión. Para chegar a un resultado os de CNET compararon os dous teléfonos móbiles en 5 categorí­as (rondas): atractivo, navegación, caracterí­sticas, calidade do ví­deo e da música e calidade das chamadas.

O equipo de CNET que comparou os dous trebellos estaba formado por 3 persoas que puntuaban, cada un independentemente, do 1 ao 5.

  • Na categorí­a de atractivo para CNET gaña o iPhone 15 a 10, algo que non sorprende xa que o iPhone ten un aspecto máis bonito que o N95, é unha caracterí­stica de todos os productos Apple.
  • Na categorí­a de navegación hai un empate 10 a 10, e é que aí­nda que o iPhone non teña teclado, pode ser que a pantalla táctil non sexa o mellor invento, o N95 ten botóns exclusivos para o reprodutor mp3 (por exemplo) e ademáis, parece que os botóns de toda a vida dan máis confianza que a pantalla táctil.
  • Na categorí­a de caracterí­sticas gaña o Nokia N95 13 a 9, o que me sorpende a min é que o N95 non gañe por máis goleada xa que este móbil esta completo (GPS, wi-fi, 3G, HSDPA, cámara de 5 Megapí­xeles, etc.), en cambio ao iPhone fáltanlle cousas (gravar ví­deo, MMS, etc.).
  • Na categorí­a da calidade do ví­deo e da música gaña o iPhone 14 a 11. Normal, aí­nda que poderí­ase esperar un empate, o iPhone está pensado para ser un iPod con chamadas e o N95 é un teléfono no que se pode escoitar música, aí­nda así­ parece que a calidade de video é mellor a do Nokia N95 pero a calidade de son é moito mellor a do Apple iPhone.
  • Na categorí­a da calidade de chamada gaña o Nokia N95 12 a 11. Aquí­ tamén poderí­a haber un empate xa que a calidade das chamadas parece ser boa nos dous teléfonos móbiles.

Como vedes para o equipo de CNET gaña o iPhone por un axustado 59 a 56 pero para min merece gañar o Nokia N95 porque considero que as caracteristicas que ten fan mellor móbil que o iPhone. Xa dixen que isto pode ser moi subxetivo.

Os de CNET tamén fixeron un ví­deo coa comparación dos dous móbiles:

Visto en Marcus.es.
Máis información: CNET – Apple iPhone vs Nokia N95.