08 Sep
Escrito por Juan Milleiro na categoría Novas, Ordenadores
A marca americana Dell ven de presentar un desos ordenadores portátis que, polas súas características poden sustituir completamente en tódalas funcións a un de sobremesa.
No procesador podemos escoller entre un Intel Core 2 Duo ou un Core 2 Extreme, tendo velocidades de ata 2.8Ghz. A gráfica é unha NVidia Quadro FX1600M e leva 4Gb de memoria ram. A pantalla é de 17 pulgadas con resolución WXGA . Todo isto, como era de agardar, fai que o portátil se faga notar cun peso de 3,86 quilos, e pese a todo, segundo o fabricante a batería pode durar ata 4 horas. Sae por un prezo mínimo de 1.521,5 €.
Máis información: Dell
Graciñas a Dorfun polo aviso!
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario