Dell Precision M6300

A marca americana Dell ven de presentar un desos ordenadores portátis que, polas súas caracterí­sticas poden sustituir completamente en tódalas funcións a un de sobremesa.

No procesador podemos escoller entre un Intel Core 2 Duo ou un Core 2 Extreme, tendo velocidades de ata 2.8Ghz. A gráfica é unha NVidia Quadro FX1600M e leva 4Gb de memoria ram. A pantalla é de 17 pulgadas con resolución WXGA . Todo isto, como era de agardar, fai que o portátil se faga notar cun peso de 3,86 quilos, e pese a todo, segundo o fabricante a baterí­a pode durar ata 4 horas. Sae por un prezo mí­nimo de 1.521,5 €.

Máis información: Dell

Graciñas a Dorfun polo aviso!