04 Jul
Escrito por Juan Milleiro na categoría Linux, Ordenadores, Trebellos Verdes
Despois do HP RP5700, o proximo setembro sairá ó mercado o primeiro “ordenador ecolóxico ” da marca Zombu. O trebello ven listo pra usar co sistema operativo Gentoo Linux preinstalado e unhas características modestas pero suficientes: procesador intel compatible de 1,2 GHz (un VIA??) 512 MB de RAM e disco duro de 4 GB baseado en flash con ethernet incorporada e 6 portos USB para conectarlle os teus periféricos e todo nun tamaño moi reducido.
O sistema operativo está baseado en Gentoo e trae de serie aplicacions ofimáticas, xogos e utilidades para internet e redes de tal forma que ven preparado para enchufar e listo (ó mais puro estilo mac).
Os seus creadores afirman que Zonbu consume unha decima parte do que consumen outros ordenadores de sobremesa. Unha boa alternativa para quen non necesite mais potencia, a un custo realmente tentador : 249$.
Visto en Greengadgets
Mais información : Páxina do produto
4 Comentarios
Iago
4 de July de 2007 ás 23:19
1O prezo é algo maior en realidade
“Zonbu device is sold for $99 with a two-year service pre-payment at $12.95 per month. The service can be canceled at any time and customer will receive a prorated refund of the balance of the remaining subscription minus the prorated Zonbu device rebate. Zonbu device is sold for $249 without any commitment.”
Seve
4 de July de 2007 ás 23:30
2Oops…Correxido.
Ainda asà segue a ser un prezo moi tentador.
enxebree
1 de August de 2007 ás 23:33
3Tamen podedes optar por comprala versión orixinal do trebello, o eBox 3854, que en España vende Epatec como eTC 3854 a 254 euros.
http://www.epatec.es
Eso si, non ven co Gentoo Linux, ven preparado para funcionar coma un terminal lixeiro. Mais alguen mañoso e acostumado o GNU Linux podelle instalar o que lle pete.
Saudos
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario
Seccións
Arquivos
Autores
Ligazóns
Trebellos
Empresas galegas
Consolas
Últimos comentarios