21 Jun
Escrito por Juan Milleiro na categoría Novas
Hai intres nos que asistimos a reunións, a congresos, ou simplemente queremos ir a algures cos nosos trebellos: que se a cámara dixital, que se o portátil; en ocasións con problemas no seu transporte. Logitech acaba de anunciar a futura saída ao mercado dunha mochila na que poderemos transportar os trebellos dun xeito cómodo. A mochila en cuestión vai saír á venda de dous xeitos: como mochila propiamente ou como carteira/maletín, non podendo transportar en ningún caso un portátil de máis de 15.4 pulgadas, como soe ser frecuente neste tipo de accesorios. Ademais, os dous modelos teñen bolsillos pra outros trebellos como o iPod, a cámara de foto, algúns cargadores, cables…e todo aquilo que necesariamente temos que transportar. Estes dous accesorios comezarán a venderse dende Logitech.com en Setembro e a partir de 99 dólares. Vía: Gizmología
3 Comentarios
dorfun
21 de June de 2007 ás 9:07
1…parécese extranamente á Be-ez (http://www.be-ez.com/prod_bag12.html)… e sigo preferindo esta última…
Andrés Milleiro
21 de June de 2007 ás 10:33
2Dorfun, sà que se parece, aÃnda que tódalas mochilas para portátiles se parecen, se ven penso que a de Logitech é algo máis ampla nos bolsillos interiores, e ademais eu teño a garantÃa de Logitech, unha empresa da que personalmente me fÃo moitÃsimo.
Unha aperta 😉
breogain
21 de June de 2007 ás 11:13
3Pois ten unha pintaza fabulosa esa mochila,inda que o prezo..buff, paréceme algo elevado, eu para o portatil teño unha que me deron de publicidade de 100 pipers hai anos, tamén vale para leva-la playstation cós trastos do buzz cando vou á casa dalgún colega…:)
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario
Seccións
Arquivos
Autores
Ligazóns
Trebellos
Empresas galegas
Consolas
Últimos comentarios