Logitech Kinetik Backpack
Hai intres nos que asistimos a reunións, a congresos, ou simplemente queremos ir a algures cos nosos trebellos: que se a cámara dixital, que se o portátil; en ocasións con problemas no seu transporte. Logitech acaba de anunciar a futura saí­da ao mercado dunha mochila na que poderemos transportar os trebellos dun xeito cómodo. A mochila en cuestión vai saí­r á venda de dous xeitos: como mochila propiamente ou como carteira/maletí­n, non podendo transportar en ningún caso un portátil de máis de 15.4 pulgadas, como soe ser frecuente neste tipo de accesorios. Ademais, os dous modelos teñen bolsillos pra outros trebellos como o iPod, a cámara de foto, algúns cargadores, cables…e todo aquilo que necesariamente temos que transportar. Estes dous accesorios comezarán a venderse dende Logitech.com en Setembro e a partir de 99 dólares. Ví­a: Gizmologí­a