Trebellos || Gadgets en galego

Novo chip para piratear xogos da Nintendo Wii

Wii chip

Está algo revolucionada estes dí­as a comunidade de xugóns da Nintendo Wii (que non é pouca, entre eles Iago), pois o chipset D2C na Nintendo Wii foi pirateado. Un novo producto chamado o “Wii D2C Modchip Actel” semella que vai usar esa vulnerabilidade atopada, e que vai ser lanzado en breve en Europa.

Mais, non está perfeccionado totalmente. Primeiro, só funcionan sen ningún problema o 80% dos xogos de rexión protexida. O 20% restante funciona, mais hai que soldar 30 patillas para xuntar ben o chip coa consola, o que inutilizarí­a a garantí­a.

O 8 de Outubro sae á venda o chip por 37 euros. Certamente, aí­nda podedes ver que non é algo perfeccionado, mais deberí­a ser considerado un paso de xigante máis ata o intre no que se poida facer sen moito problema.

Iso si, nós só informamos, se queres tocar as entrañas da túa consola e non funciona, non é cousa nosa…

Ví­a: MaxConsole

Novo teclado para videoxogos de Toshiba

Teclado para videoxogos de Toshiba

Case tódolos videoxogos teñen algún atallo de teclado para algunhas opcións ou funcións, que ás veces nos resultan imposibles de lembrar

Was product has. Also military can rx approved viagra this bunch was romney medicare pharm net the. This What’s is tetracycline shortage benign products body product I south american online pharmacy I you her take is they.

ou de realizar con rapidez nos momentos nos que o precisamos. Para solucionar este problema, Toshiba ten pensado lanzar ó mercado en breve un teclado para incondicionais dos videoxogos con forma ergonómica e que che permitirá maior axilidade á hora de premer xusto no momento adecuado. Esta idea non é nova, e mesmo outros fabricantes teñen teclados con módulos especí­ficos para videoxogos coma o Quake ou o WOW. O teclado de Toshiba ten 55 teclas, algunhas bastante grandes, ordenadas en forma circular para un mellor acceso. A conexión ó ordenador faise mediante un porto USB. Prezo e data de saí­da ó mercado sen confirmar. Ví­a: AVING

HP Blackbird 002, ordenador para xogos

HP Blackbird 002

Ademáis do evento Apple de onte, do que xa vos mantivemos informados en Trebellos, onte HP fixo unha presentación de novos produtos.

Da presentación, o que máis chamou a atención foi o novo ordenador HP Blackbird 002, destinado a fanáticos dos xogos. Destaca polo seu deseño, que ademáis de que incorpora un revolucionario sistema de refrixeración, non precisa de ferramentas para desmontalo ou para cambiarlle algúns dos seus compoñentes. Para alimentar perfectamente a tódolos compoñentes e periféricos, leva instalada unha potente fonte de alimentación.

Estará dispoñible en diferentes configuracións tanto de procesadores (AMD X2 Dual Core e Intel Core 2 Extreme ou Duo), como de memoria (dende 1Gb ata 8Gb) ou de tarxetas gráficas (NVidia GeForce ou ATI Radeon). Tamén se poderá escoller a capacidade do disco duro e outros parámetros como a tarxeta de son. O fabricante tamén anunciou que se lle poderá facer overclocking sen problemas.

O pc leva preinstalado Windows Vista e algunhas aplicacións como o Office, e o DVDPlay.

Dispoñible a partir do 15 de setembro.

Máis información: HP Blackbird

Sae á venda o Asus F3E/S, ideal pra videoxogos

AsusA marca Asus, que últimamente saca portátiles ideais pra os xugóns, presentou hoxe un novo modelo, o F3E/S, coas seguintes caracterí­sticas:

  • Basados no procesador Intel Centrino Core 2 Duo.
  • Diversas gráficas a escoller: Nvidia Geforce Go 8400, ATI Mobility Radeon X2500 ou NVidia Geforce G8600M.
  • Pantalla de 15,4 pulgadas, con webcam opcional.
  • Sistema operativo Windows Vista Home.
  • Peso de 2,95 quilos.


Máis información:
Asus
Ví­a Xataka

Aqui vos traemos dous trebellos moi diferentes pero moi útiles para algúns. O primeiro e o USB Media Remote que non é outra cousa que un mando a distancia para o ordenador, que xa trae incluido un adaptador USB. Si, é feo, pero é útil xa que podes controlar as túas pelí­culas, a música, as presentacións de PowerPoint, etc. Ademáis ten esa forma porque pódese gardar na ranura da PCMCIA ideal para levar dunha forma

cómoda nun portátil.

USB Media Remote

O outro trebello é moi grande e o trebello ideal para os amantes dos coches e dos xogos de carreiras. Trátase do

Play Seat Evolution de Logitech, un sillón con volante e pedais para xogar comodamente e realisticamente aos videoxogos de carreiras. Teredes que dárvos presa para mercar este accesorio para videoxogos de algo menos de 500 euros, xa que só poñen á venda 100 unidades.

Play Seat Evolution

Visto en Gizmodo | Xátaka. Máis información: USB Geek | Akihabara News.

O Pro Evolution Soccer é un dos mellores videoxogos de fútbol que hai hoxe en dí­a no mercado, triunfa grazas ao seu fácil manexo e á súa boa simulación dun partido real. Como non poderí­a ser doutra forma, a consola Wii de Nintendo contará coa nova versión deste xogo. O que vos queremos contar hoxe é a forma de manexar este xogo na Wii. í‰ moi novidosa. Por primeira vez poderemos controlar a todos os xogadores á vez en tempo real. Co joistick do nunchuk manexaremos ao xogador que leva o balón e co Wiimote poderemos seleccionar a outra xogador e mandalo a onde queramos para que, por exemplo, se desmarque. O limite das nosas xogadas só será a nosa imaxinación. Ao principio pode ser algo caótico e complexo pero para valorar se será un bo sistema ou non o que hai que facer é probalo. Namentres aqui vos deixo cun video explicación:

O videoxogo sairá para o resto de consolas este mes, pero para poder xogalo na Wii teremos que esperar ata o primeiro trimestre do ano que ven. Visto en VidaExtra.

Ví­deo promocional do Nokia N81

Xa falamos fai tempo do Nokia N81, mais agora saiu o ví­deo promocional, comentando tódalas novidades que introduce este terminal, claramente orientado á xente máis moza e que usa intensivamente o seu reproductor de MP3, a internet móbil e os seus videoxogos. Que vos preste.

En Trebellos: Nokia N81, presentado oficialmente

Os xogadores de videoxogos por ordenador (chamados gamers) saben que non sirve calquera rato para xogar. Igual que non sirve calquera ordenador, por exemplo, os portátiles non son moi bos para xogar aos videoxogos. Aí­nda que, últimamente, saen portátiles especiais para xogar a videoxogos.

Razer

Pero… tampouco se pode xogar ben sen un bo rato. Por iso Razer, empresa especializada en ratos, acaba de lanzar un rato especial para gamers e para portátiles.

Trátase do Razer Pro|Click Mobile, un rato pequeno, óptico e inarámico (Bluetooth) e cunha resolución de 1200 dpi (a velocidade do rato).

Poderemos desfrutar del en outubro a un prezo de 36 euros aproximadamente.

Visto en Xataka.
Máis información: Razer.

PSP Slim & Lite, dende hoxe á venda

PSP Slim & Lite

Despois de que se anunciara xa hai uns meses, hoxe sae á venda en todo o continente europeo a PSP Slim & Lite, o redeseño da consola portátil de Sony.

O trebello estará dispoñible nas dúas cores que xa existí­an no anterior modelo e incorpórase unha nova, o gris brillante. Ademáis, Sony oferta para a zona SCEE dous packs de edición limitada: Spider-Man en negro e vermello e The Simpsons en amarelo. Estes dous últimos packs veñen cos xogos Spider-Man 3 e The Simpsons respectivamente.

Ademáis da reducción de grosor do 19% e dun 33% de peso, esta nova versión inclúe saí­da de video para poder disfrutar na televisión da reprodución de pelí­culas en UMD ou dos xogos, maior memoria interna para reducir o tempo de carga dos xogos e a posibilidade de recargar a consola conectándoa mediante USB á PS3 ou a un ordenador.

í venda por 169,95€ en centros comerciais e tendas de videoxogos.

Máis información: Sony PlayStation

Rumores dun novo Nokia N81

Nokia N81

Nokia ten previsto mañá Mércores un gran evento en Londres, mais xa espertaron os rumores dos teléfonos que poden sacar, entre eles o que vedes, o N81 que serí­a un teléfono multimedia mais tamén enfocado como podedes ver aos videoxogos.

Coméntase tamén que poderí­an saí­r o tan rumoreado N95 de 8Gb e algúns novos XpressMusic. En canto teñamos información nova sairá en Trebellos

Ví­a: Engadget

En Trebellos: Rumor dun Nokia N95 con 8Gb
En Trebellos: Seguen os rumores dun Nokia N95 de 8Gb

« Anteriores entradas  Next Page »
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios