Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

USB Media Remote e o Play Seat Evolution

Aqui vos traemos dous trebellos moi diferentes pero moi útiles para algúns.

O primeiro e o USB Media Remote que non é outra cousa que un mando a distancia para o ordenador, que xa trae incluido un adaptador USB. Si, é feo, pero é útil xa que podes controlar as túas películas, a música, as presentacións de PowerPoint, etc. Ademáis ten esa forma porque pódese gardar na ranura da PCMCIA ideal para levar dunha forma cómoda nun portátil.

USB Media Remote

O outro trebello é moi grande e o trebello ideal para os amantes dos coches e dos xogos de carreiras. Trátase do Play Seat Evolution de Logitech, un sillón con volante e pedais para xogar comodamente e realisticamente aos videoxogos de carreiras. Teredes que dárvos presa para mercar este accesorio para videoxogos de algo menos de 500 euros, xa que só poñen á venda 100 unidades.

Play Seat Evolution

Visto en Gizmodo | Xátaka.
Máis información: USB Geek | Akihabara News.


Pro Evolution Soccer 2008 Wii, a “evolución” dos simuladores de fútbol

O Pro Evolution Soccer é un dos mellores videoxogos de fútbol que hai hoxe en día no mercado, triunfa grazas ao seu fácil manexo e á súa boa simulación dun partido real. Como non podería ser doutra forma, a consola Wii de Nintendo contará coa nova versión deste xogo.

O que vos queremos contar hoxe é a forma de manexar este xogo na Wii. É moi novidosa. Por primeira vez poderemos controlar a todos os xogadores á vez en tempo real. Co joistick do nunchuk manexaremos ao xogador que leva o balón e co Wiimote poderemos seleccionar a outra xogador e mandalo a onde queramos para que, por exemplo, se desmarque. O limite das nosas xogadas só será a nosa imaxinación.

Ao principio pode ser algo caótico e complexo pero para valorar se será un bo sistema ou non o que hai que facer é probalo. Namentres aqui vos deixo cun video explicación:

O videoxogo sairá para o resto de consolas este mes, pero para poder xogalo na Wii teremos que esperar ata o primeiro trimestre do ano que ven.

Visto en VidaExtra.


Vídeo promocional do Nokia N81

Xa falamos fai tempo do Nokia N81, mais agora saiu o vídeo promocional, comentando tódalas novidades que introduce este terminal, claramente orientado á xente máis moza e que usa intensivamente o seu reproductor de MP3, a internet móbil e os seus videoxogos. Que vos preste.

En Trebellos: Nokia N81, presentado oficialmente


Razer Pro|Click Mobile, rato gamer para os portátiles

Os xogadores de videoxogos por ordenador (chamados gamers) saben que non sirve calquera rato para xogar. Igual que non sirve calquera ordenador, por exemplo, os portátiles non son moi bos para xogar aos videoxogos. Aínda que, últimamente, saen portátiles especiais para xogar a videoxogos.

Razer

Pero… tampouco se pode xogar ben sen un bo rato. Por iso Razer, empresa especializada en ratos, acaba de lanzar un rato especial para gamers e para portátiles.

Trátase do Razer Pro|Click Mobile, un rato pequeno, óptico e inarámico (Bluetooth) e cunha resolución de 1200 dpi (a velocidade do rato).

Poderemos desfrutar del en outubro a un prezo de 36 euros aproximadamente.

Visto en Xataka.
Máis información: Razer.


Novo teclado para videoxogos de Toshiba

Teclado para videoxogos de Toshiba

Case tódolos videoxogos teñen algún atallo de teclado para algunhas opcións ou funcións, que ás veces nos resultan imposibles de lembrar ou de realizar con rapidez nos momentos nos que o precisamos. Para solucionar este problema, Toshiba ten pensado lanzar ó mercado en breve un teclado para incondicionais dos videoxogos con forma ergonómica e que che permitirá maior axilidade á hora de premer xusto no momento adecuado. Esta idea non é nova, e mesmo outros fabricantes teñen teclados con módulos específicos para videoxogos coma o Quake ou o WOW.

O teclado de Toshiba ten 55 teclas, algunhas bastante grandes, ordenadas en forma circular para un mellor acceso. A conexión ó ordenador faise mediante un porto USB.

Prezo e data de saída ó mercado sen confirmar.

Vía: AVING


PSP Slim & Lite, dende hoxe á venda

PSP Slim & Lite

Despois de que se anunciara xa hai uns meses, hoxe sae á venda en todo o continente europeo a PSP Slim & Lite, o redeseño da consola portátil de Sony.

O trebello estará dispoñible nas dúas cores que xa existían no anterior modelo e incorpórase unha nova, o gris brillante. Ademáis, Sony oferta para a zona SCEE dous packs de edición limitada: Spider-Man en negro e vermello e The Simpsons en amarelo. Estes dous últimos packs veñen cos xogos Spider-Man 3 e The Simpsons respectivamente.

Ademáis da reducción de grosor do 19% e dun 33% de peso, esta nova versión inclúe saída de video para poder disfrutar na televisión da reprodución de películas en UMD ou dos xogos, maior memoria interna para reducir o tempo de carga dos xogos e a posibilidade de recargar a consola conectándoa mediante USB á PS3 ou a un ordenador.

Á venda por 169,95€ en centros comerciais e tendas de videoxogos.

Máis información: Sony PlayStation


Rumores dun novo Nokia N81

Nokia N81

Nokia ten previsto mañá Mércores un gran evento en Londres, mais xa espertaron os rumores dos teléfonos que poden sacar, entre eles o que vedes, o N81 que sería un teléfono multimedia mais tamén enfocado como podedes ver aos videoxogos.

Coméntase tamén que poderían saír o tan rumoreado N95 de 8Gb e algúns novos XpressMusic. En canto teñamos información nova sairá en Trebellos

Vía: Engadget

En Trebellos: Rumor dun Nokia N95 con 8Gb
En Trebellos: Seguen os rumores dun Nokia N95 de 8Gb


Posíbel accesorio de guitarra pra a Nintendo DS

Guitar Hero DS

Curioso este trebello cando menos. Se ben aínda é un rumor a partir dunha entrevista, o cofundador da marca de accesorios pra consolas e videoxogos RedOctane suxeriu que o Guitar Hero III pra a Nintendo DS debería levar un control que fose unha guitarra pra facelo funcionar á perfección.

Ademais, Charles Huang suxeriu que están vendo o xeito de meter periféricos pra a Nintendo DS, o que sería algo fantástico á vez que algo extraño, pois nós ao menos non nos maxinamos un control de guitarra tan pequeno, ¿sería cómodo?

Vía: Engadget
Máis información: RedOctane


Ruxe-ruxe: o iPhone unha videoconsola portátil?

Nintendo AppleCada día chegan novos rumores sobre o iPhone (do que xa falamos moito en Trebellos.org) pero este é especial, xa que lle abre ao iPhone un novo mercado, os videoxogos.

Seica (aínda son rumores) Nintendo e Apple pensan sacar videoxogos para o iPhone. O que convertiría ao iPhone nun posible competidor da PSP e Nintendo DS, pero como o que fabricaría os xogos sería a compañía Nintendo supoñemos que estes non serán comparables á calidade dos videoxogos das consolas portátiles por iso de non botarse pedras contra o seu propio tellado. pero iso si, os xogos para o iPhone supostamente serán exclusivos.

Os rumores que relacionan a Apple e a Nintendo non son nada novos, pero pode que coa chegada do iPhone convírtanse en realidade. Quén sabe?

Visto en Meristation.


Microvision PicoP, chegan os proxectores aos móbiles

PicoP

Non sabemos que terán os móbiles do futuro, e cada vez é máis improbable adiviñar como serán, xa que cada vez teñen máis funcionalidades. A última funcionalidade é a de proxector, que ven da man da empresa Microvision.

O Microvision PicoP é un proxector para móbiles. O seu tamaño é de 7 mm polo que o noso móbil non sufrirá un cambio drástico no seu tamaño. Non é un trebello de por sí que poidamos mercar e enchufar ao noso móbil, senón que é un chip e unha lente que a empresa Microvision desenvolveu para ser integrada nos móbiles, pero aínda non hai ningun fabricante de móbiles que anunciara que o vai implantar.

Aínda así, a idea de proxectores nos móbiles pode ser boa, ademáis se teñen unha resolución WVGA (854 x 480 píxeles) con formato 16:9 e calidade DVD, non están mal.

Normalmente as fotos e videos que sacamos co noso teléfono móbil son para ensinar e compartir cos amigos, que mellor forma que cun proxector? Tamén, este proxector, pode ser a solución para as persoas maiores con mala vista ou para poder ler textos e xogar a videoxogos con comodidade.

Visto en Xataka.
Máis información: Páxina oficial.


Posteriores entradas »