Trebellos || Gadgets en galego

PicoP

Non sabemos que terán os móbiles do futuro, e cada vez é máis improbable adiviñar como serán, xa que cada vez teñen máis funcionalidades. A última funcionalidade é a de proxector, que ven da man da empresa Microvision. O Microvision PicoP é un proxector para móbiles. O seu tamaño é de 7 mm polo que o noso móbil non sufrirá un cambio drástico no seu tamaño. Non é un trebello de por sí­ que poidamos mercar e enchufar ao noso móbil, senón que é un chip e unha lente que a empresa Microvision desenvolveu para ser integrada nos móbiles, pero aí­nda non hai ningun fabricante de móbiles que anunciara que o vai implantar. Aí­nda así­, a idea de proxectores

nos móbiles pode ser boa, ademáis se teñen unha resolución WVGA (854 x 480 pí­xeles) con formato 16:9 e calidade DVD, non están mal. Normalmente as fotos e videos que sacamos co noso teléfono móbil son para ensinar e compartir cos amigos, que mellor forma que cun proxector? Tamén, este proxector, pode ser a solución para as persoas maiores con mala vista ou para poder ler textos e xogar a videoxogos con comodidade. Visto en Xataka. Máis información: Páxina oficial.

DSiPCada vez máis os móbiles estánse a convertir en consolas portátiles xa que o número de videoxogos para móbiles é cada vez maior. Agora parece que as consolas portátiles estánse a achegar aos móbiles.

Grazas a DSiP, os posuidores ou futuros posuidores dunha Nintendo DS, a consola portátil que triunfa no mercado, poderán disfrutar das vantaxes que a VoIP brinda podendo chamar a calquera teléfono se estamos conectados a unha rede wifi. Ademáis a Nintendo DS xa conta con micrófono, altavoces e conexión wifi polo que non fai falla ningún trebello adicional, tan só o software de VoIP que se preve que será gratuito.

O programa usará o protocolo SIP que é o máis usado nas redes abertas de VoIP, polo que para usalo teremos que ter unha conta SIP que nola dará o noso ISP. A primeira versión beta do programa sairá o próximo mes de xuño e aí­nda non se saben os prezos das chamadas, pero prevese que serán baratas (como xa fan os outros programas VoIP existentes) se chamas a un número nacional e gratuitas se chamas a outro programa de VoIP.

Visto en Xataka.
Máis información: Blog oficial DSiP.

« Previous Page  Vindeiras entradas »
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios