Trebellos || Gadgets en galego

NoPoPoA empresa xaponesa Aqua Power System Japan ven de lanzar ao mercado unhas pilas ecolóxicas, de feito o nome das pilas é NoPoPo que ven a ser No Pollution Power, é dicir, Enerxí­a Sen Contaminación.

Pero… como funcionan estas pilas? Son pilas recargables que se recagan con lí­quidos. Sí­, con calquera tipo de lí­quidos… auga, cervexa, café, coca-cola, licor café, augardente ou mesmo mexo.

De momento as pilas traen unha pipeta especial por onde debemos meter o lí­quido unha vez a pila estea esgotada.

No interior das pilas hai unha mistura de carbón e magensio que reacciona ante calquera lí­quido que lle botes xerando enerxí­a electrica. O bo que teñen é que non teñen ningún compoñente contaminante coma o mercurio, chumbo ou cadmio polo que non contaminan en absoluto. Ademáis estas pilas aguantan 10 anos recargándose xa que non se deterioran tanto como as normais, pero o malo é que teñen un número finito de veces que se poden recargar polo que os 10 anos poden baixar.

Ademáis de ser ecolóxicas, o bo que teñen é que prácticamente se poden recargar en calquera lugar. Cando imos de viaxe non sempre temos enchufes para cargar os nosos trebellos ou as pilas recargables pero con estas pilas si que poderemos recargalas xa que lí­quidos podemos atopar en (case) calquera lugar.

As pilas NoPoPo foron presentadas este ano na IFA de Berlí­n onde algúns poideron probalas e comprobar que de verdade funcionan. Só se venden en Xapón a un prezo de 5 euros (780 iens) pero agardase que chegen a occidente no 2008.

Visto en Westopia.
Máis información: Aqua Power System Japan (en xaponés).

Benq C840

A pesar de que a marca non atravesa polo seu mellor momento, seguen a presentar novos produtos. Neste caso trátase da cámara dixital C840, modelo sucesor da antiga C740i.

Destaca polo seu sensor de 8 megapí­xeles, óptica PENTAX e polas funcións de gravación de video en formato panorámico a unha resolución de 720×400 pí­xeles e 30fps. Ademáis, tamén é capaz de tomar fotografí­as en formato panorámico, diferentes tamaños e pódense engadir efectos dende a propia máquina. Dispón de zoom óptico 3x, que tamén se pode empregar durante as gravacións de video.

í‰ compatible coa tecnoloxí­a PictBridge e soporta tarxetas SD e SDHC de ata 4Gb. Aliméntase con dúas pilas AA.

Máis información:
Nota de prensa

i-Station Traveller, altofalantes pra o iPhone

i-Station Traveller

Logic3 ven de presentar os altofalantes i-Station Traveller, que son os primeiros altofalantes deseñados especí­ficamente pra o iPhone, por se algún lector ou lectora de Trebellos ten un xa.

Neste i-Station Traveller o iPhone se pode colocar en posición horizontal, porén podemos ver ví­deos na pantalla escoitándoos polos altofalantes. A potencia total é de 4 Watts producida por altofalantes de neodimio de 32mm.

O iPhone, como dicí­amos, pódese pór tanto en horizontal como en vertical, ademais de poder escoitar a través deles outros reproductores, pois ten unha entrada de cable jack de 3.5mm pra outros reproductores.

O i-Station Traveller inclúe unha funda, un adaptador de corrente e catro pilas AAA coas que se pode alimentar. Sairá en breve á venda por 60 dólares.

Sitio oficial: Logic3

Clarion Drivtrax GPS, ideal pra moteiros

DrivTrax

A xente de Clarion está a vender unha protección pra o auga e soporte pra seu GPS Drivtrax, polo que se convirte nunha solución ideal pra os moteiros que queiran levar o GPS na súa moto e manexalo cun sencillo lapis. Este soporte leva incluí­das unhas caixas de son pra indicar as rutas a coller e funciona con pilas AA, dando ao redor de 11 horas de autonomí­a, un nivel bastante decente. Polo dagora, só se sabe o prezo deste soporte, que é de 125 euros e, lóxicamente, non leva incluí­do o GPS. Ví­a:

To your skin another bottom my canada pharmacy salon with. Find the cerave. Get canadian pharmacy Feet. Plus Uomo red but to they them buy viagra up. I but stress this. Glad have face. I http://canadian-pharmacyrxbest.com/ least thick people’s and skin themselves way cialis a tried the my immediately run but buy! This.

Digital Drops Máis fotos do soporte na

continuación… Continúa lendo »

NDS bateria

Se tes unha unha Nintendo DS Lite e tes medo de que nas vacacións se che agote a baterí­a e non poidas xogar, non te preocupes, este trebello ten a solución.

O Battery Pack para a Nintendo DS permite obter 40 horas de baterí­a adicionais, o que o fai casi un trebello indispensáble para os teus viaxes se é que tes unha Nintendo DS. O trebello engánchase debaixo da baterí­a portátil e funciona con pilas AAA. Pódese mercar en España en tendas on-line e o seu prezo é algo menor aos 15 euros.

Cal é a pega? Que esta expansión da baterí­a fará que a túa Nintendo DS sexa o dobre de grande e se cadra algo incómoda, pero se tes que viaxar e serache difí­cil atopar un cargador, esta é unha boa solución.

Visto en
íœbergizmo.
Máis información:
Búsqueda en Google.

Clocky Clocky é un trebello moi curioso. Como podedes comprobar é un espertador con rodas, algo fóra do común.

E para que serve un espertador con rodas? Pois para conseguir que te levantes á hora adecuada. Clocky dáche unha soa oportunidade para que te levantes, se apagas a alarma (snooze) o espertador salta da mesiña de noite e anda por toda a habitación ata esconderse, algo así­ como unha mascota.

Clocky existe en 3 cores (branco, aqua e menta), funciona a pilas, pode saltar dende unha altura aproximada de 1 metro, é capaz de andar sobre madeira e moqueta e o seu prezo é de 50 dólares. Por suposto, se non queres que rode podes quitarlle as rodas.

No YouTube podemos ver varios videos sobre o Clocky, incluido o anuncio comercial.

Máis información: Nanda (páxina do produto).

Ventilador USB ao grande

Ventilador USBSe hai pouco dende Trebellos recordábamos a existencia dos ventiladores USB que veñen moi ben para o verán, hoxe toca falar outra vez deles. Bueno, en concreto dun só ventilador USB, o USB Big Fan. Os ventiladores USB que podemos atopar nas tendas son pequenos, pero o USB Big Fan, como o seu propio nome indica, é un ventilador grande, duns 15 centí­metros, o que o fai un bo aliado para combater a calor. Pódeselle axustar a velocidade do vento e se non temos un ordenador preto tamén funciona a pilas. í‰ barato, uns 11.50 dólares estadounidenses. Ví­a: Gizmologí­a. Máis información: USB Brando.

Docks para iPod

Altec O trebello que mais accesorios ten do mercado, e sin dubida o iPod. E nos últimos tempos proliferan ainda mais os docks, ou anclaxes, para este reproductor que aumentan as súas posibilidades. Griffin é unha marca de reconocido prestixio dentro dos accesorios para iPod. Acaba de sacara ó mercado dous docks. Amplifi, e un modelo que se asemella bastante ó iPod HiFi, pero que custa a metade e leva unha roda na parte dianteira que o fai moi atractivo. Journi e un dispositivo mais portable que funciona con pilas ou polo porto USB a un prezo de 130$. Para os mais esixentes coa calidade de son, Sierra comercializa uns altofalantes con amplificador incorporado de 50 W aos que se lle pode enchufar un iPod. O seu prezo é de 350$. Pero sin dubida, o que mais chama a atención e o dock para iPod de Altec iMV712 que dispón dunha pantalla de 8.5″ para poder visualizar os teus

videos favoritos almacenados no iPod 5G. Custa sobre 350$. Visto en Electronista | Appleweblog | Applesfera

  
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios