Ventiladores USB
Non hai nada peor que un día caluroso de verán diante do ordenador, por iso recomendo hoxe este trebello, aínda que non sexa unha novidade.
Agora que chega a calor non hai nada mellor que un ventilador conectado ao ordenador por USB. Pequeno, cómodo e refrescante.
Aínda que Galicia non é un país caluroso, si que se nota, e moito, a calor cando chega, e sobre todo agora con isto que lle chaman cambio climático.
Os ventiladores quizais foron dos primeiros trebellos por USB que apareceron, por iso hainos de moitos tamaños, de moitas formas e de moitas cores. Son fáciles de atopar nas tendas de informática ou mesmo nos bazares chinos. Por iso, esta entrada serve de recordatorio para que os que teñan que pasar o verán diante do ordenador saiban que poden calma-la calor, e non só con auga.
Máis información: Google.

Estou por comprarme un, vaime facer falla para os exames finais cando esteamos en Salamanca a máis de 40º…
Non sei que entendes por país non caluroso… Saúdos dende Ourense, proximamente a 30 grados día e noite no interior da miña vivenda.
non será un país extremadamente caluroso pero coa alta humidade cando vai calor faise abafante.. que gran trebello xD
saudiños