Clocky Clocky é un trebello moi curioso. Como podedes comprobar é un espertador con rodas, algo fóra do común.

E para que serve un espertador con rodas? Pois para conseguir que te levantes á hora adecuada. Clocky dáche unha soa oportunidade para que te levantes, se apagas a alarma (snooze) o espertador salta da mesiña de noite e anda por toda a habitación ata esconderse, algo así­ como unha mascota.

Clocky existe en 3 cores (branco, aqua e menta), funciona a pilas, pode saltar dende unha altura aproximada de 1 metro, é capaz de andar sobre madeira e moqueta e o seu prezo é de 50 dólares. Por suposto, se non queres que rode podes quitarlle as rodas.

No YouTube podemos ver varios videos sobre o Clocky, incluido o anuncio comercial.

Máis información: Nanda (páxina do produto).