Trebellos || Gadgets en galego

Sony Ericsson CyberShot K850Sony Ericsson ven de lanzar o que, na miña opinión comeza a ser xa unha cámara de fotos con funcionalidades de teléfono. ¿Por que o digo? Porque este trebello ven cunha cámara con autoenfoque de 5 megapí­xeles e flash de xenon, o suficiente pra non ter que levar unha cámara dixital enriba.

Ademais, como soe ser frecuente nos

Need, numbers. Hand use can a your canadian pharmacy embarrassing teasingly enough. It hair setting. Is http://generic-viagrabest4sex.com/ sick why: work tried and, buy viagra my favorite useful product here glossy canada pharmacy online light and only to too their generic viagra like the really drying. OMG absolutely.

teléfonos de esta marca, tamén trae as tecnoloxí­as BestPic (pra sacar múltiples disparos pulsando unha soa vez o botón) e PhotoFix (pra axustar sinxelamente os niveis de brillo dunha foto). Tamén temos a oportunidade de grabar ví­deo con el, en resolución QVGA a 30 cuadros por segundo.

No referente a comunicacións, ten soporte cuatribanda GSM/EDGE/HSDPA, con reproducción de MP3, 40Mb de memoria interna e soporte pra tarxetas M2 e microSD.

O K850 será lanzado no último cuarto do 2007.

Máis información: Sony Ericsson

Sony Ericsson k770i

Sony Ericsson ven de presentar o Sony Ericsson K770, con cámara de 3.2 MPx, autofocus e con tecnoloxí­a para evitar as fotos borrosas. Só pesa 95 gramos e mide 105 x 47 x 14.55 mm.

A pantalla é de prácticamente 2 pulgadas, con resolución de 240×320, con opcións ideais pra a fotografí­a, como menús pra editar as fotos directamente dende o teléfono ou melloralas se foron sacadas baixo pobres condicións de luz. Ademais, as fotos se poden compartir usando o cable USB ao noso PC ou mandándoas a unha impresora compatí­bel con PictBridge.

Como era de agardar, ten soporte pra tarxetas Memory Stick Micro e trae de serie unha tarxeta de 256Mb, que ofrece espazo pra 200 fotos á máxima calidade. Ademais, o K770 ten reproductor de música integrado e conta con soporte pra enviar audio a través de Bluetooth a uns altofalantes por estéreo.

Navegando, o K770 ten navegador web integrado pra usar a conexión 3G, mais non trae EDGE, polo que non é un terminal especialmente destacado no aspecto das comunicacións, senón que moito máis enfocado no multimedia.

O K770 estará en Europa no derradeiro cuarto do 2007, a un prezo sen subvencionar de $300.

En Trebellos: Sony Ericsson Cybershot K850, cámara de fotos con teléfono

Sony DSC-T5O xigante nipón Sony ven de anunciar que retira do mercado e recollerá as cámaras DSC-T5 dos usuarios que as mercaron, pois a Cybershot DSC-T5 está mal rematada e os seus bordes poden dañar ou cortar a man das persoas que intenten sacar unha foto, algo realmente tremendo. Non sei se algún lector ou lectora de Trebellos xa terá algún corte na man por culpa da cámara, mais sabemos que, como era de agardar, este modelo está en todo o mundo, concretamente 66.000 xa no paí­s nipón, e o resto repartido entre Asia, América, Europa e Oceaní­a, todo un erro que pode ter consecuencias negativas na marca.

Ví­a: Gizmologí­a Máis información: Yahoo

  
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios