16 Aug
Escrito por Juan Milleiro na categoría Linux
Sony Ericsson ven de presentar o Sony Ericsson K770, con cámara de 3.2 MPx, autofocus e con tecnoloxía para evitar as fotos borrosas. Só pesa 95 gramos e mide 105 x 47 x 14.55 mm.
A pantalla é de prácticamente 2 pulgadas, con resolución de 240×320, con opcións ideais pra a fotografía, como menús pra editar as fotos directamente dende o teléfono ou melloralas se foron sacadas baixo pobres condicións de luz. Ademais, as fotos se poden compartir usando o cable USB ao noso PC ou mandándoas a unha impresora compatíbel con PictBridge.
Como era de agardar, ten soporte pra tarxetas Memory Stick Micro e trae de serie unha tarxeta de 256Mb, que ofrece espazo pra 200 fotos á máxima calidade. Ademais, o K770 ten reproductor de música integrado e conta con soporte pra enviar audio a través de Bluetooth a uns altofalantes por estéreo.
Navegando, o K770 ten navegador web integrado pra usar a conexión 3G, mais non trae EDGE, polo que non é un terminal especialmente destacado no aspecto das comunicacións, senón que moito máis enfocado no multimedia.
O K770 estará en Europa no derradeiro cuarto do 2007, a un prezo sen subvencionar de $300.
En Trebellos: Sony Ericsson Cybershot K850, cámara de fotos con teléfono
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario