Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Sony chama a fábrica a 350.000 cámaras DSC-T5

Sony DSC-T5O xigante nipón Sony ven de anunciar que retira do mercado e recollerá as cámaras DSC-T5 dos usuarios que as mercaron, pois a Cybershot DSC-T5 está mal rematada e os seus bordes poden dañar ou cortar a man das persoas que intenten sacar unha foto, algo realmente tremendo. Non sei se algún lector ou lectora de Trebellos xa terá algún corte na man por culpa da cámara, mais sabemos que, como era de agardar, este modelo está en todo o mundo, concretamente 66.000 xa no paí­s nipón, e o resto repartido entre Asia, América, Europa e Oceaní­a, todo un erro que pode ter consecuencias negativas na marca.

Ví­a: Gizmologí­a Máis información: Yahoo


  1. An o 5 de August de 2007

    daque un tempo Soni non fai máis que meter a zoca 😉 Saudos

Publicidade

Comentarios