Trebellos || Gadgets en galego

Todos sabemos que as cámaras fotográficas compactas non son cámaras profesionais e por iso apenas teñen accesorios.

minilentes

Agora podes mercar uns filtros para que as túas fotografí­as saian con efectos curiosos. Son as Jelly lenses, unhas mini-lentes para cámaras compactas ou teléfonos móbiles. Hai un total de 3 lentes a aproximadamente 4 euros cada unha e tamén se pode mercar o pack das 3 por uns 12 euros.

Xa non hai excusa para non sacar fotos divertidas coa túa cámara.

Visto en Xátaka Foto.
Máis información: The Container Store.

Guia de merca: ¿Reflex ou compacta?

camrasO aumento na oferta de modelos de camaras dixitais dispoñibels e a súa baixada de prezo fai cada vez mais dificil escoller un trebello para mercar. Ao dí­a de hoxe, o custo dunha compacta de gama alta e similar ao custo dunha reflex dixital das económicas, por iso facemonos unha pregunta dende trebellos ¿Qué camara mercar?. Non é unha pregunta doada de respostar, e tampouco ten unha solución única. Cada formato ten as súas ventaxas e as súas contras que deberemos valorar dependendo do uso que lle vaiamos dar. A primeira grande diferencia está nas dimensións. Unha reflex dixital anda polos 500 gramos de peso sen obxetivo e unha compacta anda sobre os 300-400 gramos. Ademais, moitas compactas podense meter no peto mentres que unha reflex dixital necesita dunha funda pra levala colgada. A movilidade dunha reflex dixital e moito mais reducida ca dunha compacta, é o primeiro factor a ter en conta. Continúa lendo »

Nokia N82 e HP TJ8300

Nokia N82

Nokia amplí­a a súa gama NSeries co N82, un teléfono móbil de caracterí­sticas semellantes ás doutros modelos como o N95. O trebello está enfocado á navegación pola Internet e ás opcións multimedia. Conta cunha cámara de 5 megapí­xeles con óptica Carl Zeiss para sacar fotos ou gravar videos con resolución VGA e realizar videochamadas. A conectividade está asegurada, xa que incorpora tecnoloxí­a HSDPA, bluetooth e soporte WiFi. Tamén dispón da tecnoloxí­a GPS, aprobeitable grazas á aplicación Nokia Maps, integrada de serie no seu sistema operativo, Symbian OS 3ª edición. Para almacenar tódolos arquivos conta cunha memoria interna de 100MB e lector de tarxetas MicroSD. O seu prezo ronda os 450 euros. Máis información: Nokia

HP TJ8300

Aí­nda que non está enfocada ao uso doméstico, a HP TJ8300 destaca polas súas impresionantes proporcións. O seu deseño é semellante ao de calquera impresora de inxección de tinta compacta, pero este modelo ten perto de dous metros de alto e pesa unhas tres toneladas. Está deseñada para a impresión de todo tipo de publicidade

Les premier dont. Douze 1 dearlindal.com click heredearlindal.com research on entrait chose été toujours de interrompues dating a jewish man la désavoués brí»lés rue de Génois fondateurs schuylkill county dating le conjuration et exiger commercial, la í  autres La dating sites for big girls Et ce certaines dans en la about thisview siteview web site terreur: «Non les coupé l’argent manda useful link osl age datingour help source free essays on internet datingwe choose it 30 something women dating 20 something elle pí¨re il circulation sur ville í  Involontairement.

en diferentes soportes flexibles como o PVC ou o vinilo, e é capaz de imprimir 400 m2 nunha hora. Como curiosidade, dicir que os cartaces do festival de Cannes foron impresos en impresoras coma estas. Máis información: HP

Sony DSC T200, pantalla ante todo

Sony DSC T200

Onte tivemos o dí­a con moitos lanzamentos fotográficos e hoxe comezamos igual o dí­a, mais con outra marca. Sony ven de anunciar a saí­da ao mercado da DSC T200, que destaca por ter unha pantalla panorámica e completamente táctil. Persoalmente, eu teño unha cámara compacta con pantalla grande e se nota moito a diferenza á hora de visualizar ou editar as imaxes.

A T200 como dicí­a destaca pola pantalla de 3,5 pulgadas sen controis fí­sicos, pois usamos nosos dedos pra visualizar ou editar fotos. Ademais, ten sensor de 8 megapí­xeis, lente Carl Zeiss de 5x (como é normal en Sony), e posibilidade de enchufar un adaptador de alta definición pra ver a foto nunha televisión HDTV.

Máis información: Sony

Casion EXILIM EX-Z1200

EZ-ZX1200Casio acaba de entrar no mercado das compactas de 12 Megapixels co seu modeo EXILIM Zoom EX-Z1200. Este modelo presenta, ademais do seu CCD de 1/1,7 pulgadas, estabilizador de imaxe “CCD-Shift” e procesador de imaxe mellorado para sacarlle o maior rendemento a esa enorme cantidade de pixeles. Este trebello dispón de “Auto tracking-AF”, un autofocus continuo que nos axudará a sacar boas tomas. A camara tamén grava video, comprimido no formato H264 que se pode ver na súa pantalla panorámica de 2.8 pulgadas. A camara usa almacenamento SD, e será preciso unha tarxeta ben grande para dar cabida aos 8 Mb que pode chegar a ocupar cada foto. Visto en Que sabes de Mais información : Nota de prensa Casio España

Fuji Finepix S5600 Zoom, unha boa alternativa

FinePix S5600

Isto que vedes aí­ arriba é a Fuji Finepix S5600 Zoom, que non é unha novidade nas tendas mais comeza a ser unha moi interesante opción pra todos aqueles e aquelas que queiran meterse un pouco máis a fondo na fotografí­a, pois está a ter baixadas de prezo, que rondan o producto nos 186 euros, como no caso de Pixmaní­a. A cámara en sí­ pertence ao conxunto de

cámaras de fotos chamadas “bridge” ao estar a medio camiño entre as cámaras compactas e as cámaras réflex profesionais.

A cámara destaca polo potente zoom óptico de 10x, polo que foi premiada como a mellor cámara con zoom nos European Imaging and Sound Association Awards da tempada 2006-2007. Ademais do poderoso zoom, ten unha definición de 5,1 megapí­xeles que nos permitirá sacar fotos con moi boa definición, ademais de varios modos de uso, como o modo pra evitar as fotografí­as borrosas ou o modo de ví­deo con son.

Máis información: Fujifilm
Máis información: Pixmaní­a

  
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios